Maragota: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎En Galicia: referencia
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 11:
Aliméntanse principalmente de pequenos moluscos ([[mexillón]]s en especial) que trituran entre as súas mandíbulas armadas de pequenos dentes ou os maiores, [[Farinxe|farínxeos]]. Os [[Ourizo de mar|ourizos]] e pequenos [[Cangrexo|caranguexos]] tamén forman parte importante da súa dieta, así como algas e miñocas.
 
No momento do nacemento, a maragota é sempre unha femia: mudará ou non de sexo en torno ós 10 anos de vida. Está presente en dúas coloracións principais, a verde-acastañanada (chamada ''maragota'') e a vermella con manchas brancas (chamados ''pintos'') <ref name="Guía do consumidor">''Guía do consumidor de peixe fresco'', Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, sen data (pero editado en 1999), px. 101.</ref>. A existencia destas dúas coloracións non corresponde a un [[Dimorfismo sexual|dimorfismo]] femias/machos, como noutras especies da familia, nin ten nada que ver co estado de madurez. A posta ten lugar entre xaneiro e abril. Os machos nesta época dominan un pequeno territorio a onde acudirán as femias. Estas son as encargadas de limpar e axeitar unha pequena parte da pedra onde posteriormente irán depositando os ovos en pequenos lotes, que o macho irá fertilizando.
Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, sen data (pero editado en 1999), px. 101.</ref>. A existencia destas dúas coloracións non corresponde a un [[Dimorfismo sexual|dimorfismo]] femias/machos, como noutras especies da familia, nin ten nada que ver co estado de madurez. A posta ten lugar entre xaneiro e abril. Os machos nesta época dominan un pequeno territorio a onde acudirán as femias. Estas son as encargadas de limpar e axeitar unha pequena parte da pedra onde posteriormente irán depositando os ovos en pequenos lotes, que o macho irá fertilizando.
 
Son peixes extremadamente sedentarios, ocupando unha área moi pequena ó longo do ano. Ademais, son peixes lonxevos que poden chegar ós 25-30 anos de vida.
 
== Interese pesqueiro e comercial ==
Ten fama de peixe espiñento e polo tanto pouco apreciado, porén a maragota substitúe con frecuencia ao [[abadexo]] e ao [[bacallau]] fresco. Péscase en litorais rochosos e pouco profundos, xeralmente en augas limpas, capturándose ó [[trasmallo]].<ref>'' name="Guía do consumidor de peixe fresco''. Xunta de Galicia. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. 2000.<"/ref>.
 
== En Galicia ==
O nome máis corrente é '''maragota''' compartido co portugués, e que esporadicamente pode aplicarse a outros lábridos, aínda que en xeral con determinante diferenciador. Outros son: ''bicuda'' (dito máis da pequena), ''botúa'', ''ferrola'', ''martela'' (a pequena), ''pinto'' e ''vello'' (cfr. francés ''vieille''). ''Bodión'' ou ''budión'' son tamén sinónimos nalgúns portos, pero que se aplica de xeito máis xeral a outro lábrido, o ''Labrus merula'' </ref name= "Ríos Panisse">Ríos Panisse, e Santamarina,del AntónCarmen, ''Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I, Invertebrados y peces''. Santiago. 1977, páxs. 328-330).</ref>.
 
A designación ''maragota'' en castelán é probablemente un préstamo galego ou portugués. O étimo non está claro.<ref>"''Etim. Palabras de origen desconocido. Se trata de una palabra especialmente viva en el NO de la Península (como lo demuestran sus treinta y pico documentaciones) y en Portugal, donde no conozco exactamente la frecuencia con que aparece, pero sí las formas: margota, moragota y maragota. Ocasionalmente también aparece fuera de estas áreas: en Asturias, en Santander y en Andalucía (en San Fernando; v. para esta última doc., Alvar, "Ictionimia" 94). Es, por lo tanto, probable que se trate de un préstamo gallego-portugués fuera de esta área. Aunque no es sorprendente, Machado ignora la palabra. Lo inismo GdD. Corominas con razón, puesto que no es castellana''" (Ríos Panisse e Santamarina, Antón, ''Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I, Invertebrados y peces''. Santiago. 1977, páxspp. 329-330).</ref>
 
[[Ficheiro:Pinto e maragota 01-03.JPG|miniatura|Detalle da cabeza.]]