Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:A Taberna (novas)»

sen referencias
(sen referencias)
:Volve ser que non. Ou non sigues a wikipedia en español ou non che interesa saber o que fan. No único sitio onde pon Sangenjo é na wikipedia en español. Non ten sentido dicir que hai que promocionar a wikipedia en galego porque pon Sanxenxo. <b>Sanxenxo xa o pon en tódalas wikipedias excepto na española</b>. Por outra banda comparar Guadalaxara con Sangenjo non ten pes nin cabeza. Guadalaxara é Guadalajara, significa o mesmo. Pero Sangenjo non é a tradución de Sanxenxo, como ben sabes. Google pon Guadalaxara para usuarios galegos e Sangenjo para tódolos demáis (cousa que NON fai wikipedia en tódolos idiomas). Xa ves unha diferenza importante. Tamén che lembro que vai pouco a wikipedia en español non poñía os topónimos oficias, en galipedia si se pon e se recoñece así. Ponse ese topónimo oficial e outros se os hai. O problema ven sendo unha teima de catro burócratas que tentan impoñer usos que non existen. E para xustificar eso inventan referencias que non existen ou non teñen o máis mínimo valor documental. Aquí ponse Guadalaxara porque parece ser que o di a RAG. Non buscamos topónimos en libros descatalogados ou en blogs que nada teñen que ver ca toponimia. E non sería difícil atopar madrid escrito doutro xeito, pero non se fai. Todo esto vense discutindo vai moitos anos, e fomos moitos os usuarios que quedamos sen conta en wikipedia en español por argumentar que os topónimos non son tal. Eu quedei sen conta cando un usuario xustificaba Puentedeume porque segundo el o poñía en sinais alí vai anos, eu pregunteille se vira algún cartel onde puxera el ferrol del caudillo. O problema da norma toponímica en wikipedia en español (que non é tal) é que buscan eses exónimos activamente e vale calquera fonte para xustificar esos topónimos sen uso --[[Especial:Contribucións/47.62.253.43|47.62.253.43]] 16 de xuño de 2018 ás 12:53 (UTC)
::Valoro demasiado o meu tempo para discutir contigo. Se tes queixas con Google escríbelles. E non, non teño o máis mínimo interese no que fan na Wikipedia en castelán, pero o que teño claro é que se a RAE di que en castelán é Sangenjo, Puentedeume, La Coruña... o topónimo que deben empregar é ese (e hai referencias da RAE). Queixate á RAE e pídelles que descarten eses topónimos como válidos en lingua castelá, pero este non é o lugar para estes debates e esas loitas, aquí non se decide o que fan na Wikipedia en castelán, se queres mudar ou facer que se cumplan as súas políticas fálao alí, este non é o lugar. [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 16 de xuño de 2018 ás 13:38 (UTC)
:::exactamente o que ti acabas de facer é o que pasa na wikipedia en español. Cando lles demostras que non teñen razón no que din ou non teñen referencias péchanse en banda, bótanse ao monte e xa como último recurso (vai non moitos anos era o primeiro) bloquean contas de usuarios. O problema non é que a RAE diga Sangenjo. Casos nos que se implique a RAE con catro contados. Os demáis non están baixo o paraugas da RAE. Podes, se queres, ver as páxinas de https://es.wikipedia.org/wiki/Estaci%C3%B3n_de_Betanzos-Infiesta (sic) ou https://es.wikipedia.org/wiki/Estaci%C3%B3n_de_Pinoy (sic) e xa te pasas ti pola RAE a explicarlles que eso nunca se chamou así. E non te preocupes polo tempo que perdas nestes asuntos. Eu teño todo o tempo para falar destas cousas. Polo sinxelo motivo de que todo o tempo que adicaría a editar en wikipedia en español o adico a estas cousas. E non debo ser o único vendo como teñen as páxinas cheas de erros e ligazóns mortas. --[[Especial:Contribucións/47.62.253.43|47.62.253.43]] 16 de xuño de 2018 ás 18:44 (UTC)
Usuario anónimo