Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:A Taberna (novas)»

:Non é por ahí. A toponimia da wikipedia en español é empregada noutros sitios, por exemplo google maps. Emprégana porque é gratis total, que esa ven sendo outra. A wikipedia en español ten unhas normas toponímicas que nin eles mesmos cumpren. O seu obxectivo é empregar os topónimos alternativos, os buscan así. Tanto ten que non teñan uso algún (o cal os fai 100% inútiles) como se basean un uso existente dende vai tempo e polo tanto xa lles vale de xustificación... o uso. Vale os que non teñen uso como os que o teñen? Por outra banda piden ligazóns válidas. E iso son libros descatalogados e diccionarios que ninguén consulta. O problema chega a situacións ridículas nas que se recurre a calquera panfleto como referencia válida. Hai casos tan absurdos como o concello da illa de arousa que sempre se chamou así, dende a súa constitución. Non existe, nunca existiu outro nome "castelán", pero tanto lles ten. Tampoco ten senso dicir que esto nada ten que ver ca wikipedia. A fundación wikipedia coordina os proxectos en cada país e pode meter man nesta desfeita. Xa o teñen feito noutros casos. Tampouco ten senso comparar o uso que aquí se fai do topónimo Guadalaxara con enxendros como Sangenjo. Ninguén discute que o topónimo oficial é Guadalajara. Certo que na wikipedia en español nos últimos tempos poñen o topónimo oficial, xunto cas súas teimas alternativas. E o fan porque a presión por todas partes é inasumible. --[[Especial:Contribucións/47.62.253.43|47.62.253.43]] 16 de xuño de 2018 ás 00:01 (UTC)
IP, o que non ten senso é criticar nos demáis o que un mesmo fai. Na Wikipedia en castelán non discuten a oficialidade da toponimia galega, simplemente fan o mesmo que facemos nós, chamarlle a cada lugar polo nome que ten na súa lingua. O caso de Guadalaxara é exactamente igual que o de Sangenjo ou tantos outros, nós chamamos Guadalaxara apoiándonos nunhas fontes, e eles chaman Sanjengo apoiándose nunhas fontes igualmente válidas para a lingua castelá. Para min este debate é absurdo, non me preocupa o que fagan na Wikipedia en castelán, deberiamos preocuparnos máis por dar a coñecer a Galipedia que por se poñen Sangenjo, Puenteareas... Pero como vexo que a ti te gustan estas cousas, por que non criticas que os cataláns poñan La Corunya? E que os franceses poñan La Corogne? Todos se saltan a legalidade!! [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 16 de xuño de 2018 ás 00:24 (UTC)
 
:Volve ser que non. Ou non sigues a wikipedia en español ou non che interesa saber o que fan. No único sitio onde pon Sangenjo é na wikipedia en español. Non ten sentido dicir que hai que promocionar a wikipedia en galego porque pon Sanxenxo. <b>Sanxenxo xa o pon en tódalas wikipedias excepto na española</b>. Por outra banda comparar Guadalaxara con Sangenjo non ten pes nin cabeza. Guadalaxara é Guadalajara, significa o mesmo. Pero Sangenjo non é a tradución de Sanxenxo, como ben sabes. Google pon Guadalaxara para usuarios galegos e Sangenjo para tódolos demáis (cousa que NON fai wikipedia en tódolos idiomas). Xa ves unha diferenza importante. Tamén che lembro que vai pouco a wikipedia en español non poñía os topónimos oficias, en galipedia si se pon e se recoñece así. Ponse ese topónimo oficial e outros se os hai. O problema ven sendo unha teima de catro burócratas que tentan impoñer usos que non existen. E para xustificar eso inventan referencias que non existen ou non teñen o máis mínimo valor documental. Aquí ponse Guadalaxara porque parece ser que o di a RAG. Non buscamos topónimos en libros descatalogados ou en blogs que nada teñen que ver ca toponimia. E non sería difícil atopar madrid escrito doutro xeito, pero non se fai. Todo esto vense discutindo vai moitos anos, e fomos moitos os usuarios que quedamos sen conta en wikipedia en español por argumentar que os topónimos non son tal. Eu quedei sen conta cando un usuario xustificaba Puentedeume porque segundo el o poñía en sinais alí vai anos, eu pregunteille se vira algún cartel onde puxera el ferrol del caudillo. O problema da norma toponímica en wikipedia en español (que non é tal) é que buscan eses exónimos activamente e vale calquera fonte para xustificar esos topónimos sen uso --[[Especial:Contribucións/47.62.253.43|47.62.253.43]] 16 de xuño de 2018 ás 12:53 (UTC)
Usuario anónimo