Xuvencos, Boborás: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
XoseBot (conversa | contribucións)
m -cia -> -za
Liña 1:
Parroquia do Concello de [[Boborás]] na que se localiza ademais a cabeceira municipal.
{{semcat}}
Con orixes e testemuñas na Idade Media, conserva como un dos seus grandes tesouros a coñecida [[Danza de Xuvencos]] dentro do formato da chamada [[Festa das Mudaciós]].
Festa que cada ano se celebra o segundo e o terceiro domingo do mes de maio e que consiste -como o seu nome indica- na mudanza e intercambio das imaxes da Virxe de [[Xuvencos]] e a Santa Sabela que se garda na capela de Aboborás -mellor que [[Boborás]]-, forma coa que os veciños denominan á capitalidade e ó Concello e que durante unha semana intercambian os seu puntos de domicilio.
Cada catro anos bailanse nesta festa a [[Danza de Xuvencos]].
 
O templo parroquial de estilo románico consta dunha soa nave rectangular modificada na espadana e na ábsida no século XIX. Contén un retablo barroco excepcional así como o cruceiro do Bispo que se atopa á entrada do templo.
Apuntar que atá o século [[XIX]] a Mudación facíase entre [[Xuvencos]] e [[Cameixa]] e por motivos descoñecidos deixouse de facer.
Dicir que a parroquia está atravesada pola Estrada N-541 que conduce de [[Ourense]] a [[Pontevedra]], sendo a actividade principal a agricultura, os servizos derivados da capitalidade -Centro de Saúde, Farmacia, dependencias municipais, bancarias- e unha certa actividade comercial e de hostelería na que destaca a existencia dunha Casa de Turismo Rural.
[[Category:Boborás]]
 
{{Boborás}}