Wikipedia:A Taberna (novas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 184:
 
Por máis que discorde co uso dos topónimos en castelán que se fai na Wikipedia en lingua castelá, creo que este é un debate sen ningún sentido, explícome: a Wikipedia en castelán emprega referencias que avalan o topónimo La Coruña (por poñer un exemplo), e son referencias válidas, sobre a oficialidade do topónimo, o oficial é Guadalajara e nós poñemos Guadalaxara apoiándonos en documentos igualmente válidos que os que eles empregan. En definitiva, non podemos esixir aos demais facer o que nós non facemos, e por iso este debate non ten o máis mínimo sentido, se a Mesa quere que se eliminen os topónimos en castelán da xeografía galega que solicite a institucións como a RAE (que é autoridade competente na lingua castelá e que [http://lema.rae.es/dpd/?key=La+Coruña xustifica o topónimo La Coruña], por exemplo) que elimine ditos topónimos, mentres non o faga, haberá referencias válidas para eses topónimos e polo tanto o uso que fan deles na Wikipedia en castelán é correcto por moito que nos moleste. [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 15 de xuño de 2018 ás 21:10 (UTC)
:Non é por ahí. A toponimia da wikipedia en español é empregada noutros sitios, por exemplo google maps. Emprégana porque é gratis total, que esa ven sendo outra. A wikipedia en español ten unhas normas toponímicas que nin eles mesmos cumpren. O seu obxectivo é empregar os topónimos alternativos, os buscan así. Tanto ten que non teñan uso algún (o cal os fai 100% inútiles) como se basean un uso existente dende vai tempo e polo tanto xa lles vale de xustificación... o uso. Vale os que non teñen uso como os que o teñen? Por outra banda piden ligazóns válidas. E iso son libros descatalogados e diccionarios que ninguén consulta. O problema chega a situacións ridículas nas que se recurre a calquera panfleto como referencia válida. Hai casos tan absurdos como o concello da illa de arousa que sempre se chamou así, dende a súa constitución. Non existe, nunca existiu outro nome "castelán", pero tanto lles ten. Tampoco ten senso dicir que esto nada ten que ver ca wikipedia. A fundación wikipedia coordina os proxectos en cada país e pode meter man nesta desfeita. Xa o teñen feito noutros casos. Tampouco ten senso comparar o uso que aquí se fai do topónimo Guadalaxara con enxendros como Sangenjo. Ninguén discute que o topónimo oficial é Guadalajara. Certo que na wikipedia en español nos últimos tempos poñen o topónimo oficial, xunto cas súas teimas alternativas. E o fan porque a presión por todas partes é inasumible. --[[Especial:Contribucións/47.62.253.43|47.62.253.43]] 16 de xuño de 2018 ás 00:01 (UTC)