Wikipedia:A Taberna (novas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 177:
 
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a Wikipedia non permite os topónimos galegos na súa forma legal e oficial https://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/a-mesa-pola-normalizacion-linguistica-denuncia-que-a-wikipedia-non-permite-os-toponimos-galegos-na-sua-forma-legal-e-oficial --[[Especial:Contribucións/47.62.253.43|47.62.253.43]] 15 de xuño de 2018 ás 20:00 (UTC)
 
* Ola, ip. Grazas pola ligazón. Copio 3 comentarios vertidos por varios usuarios, entre eles eu, no perfil de Facebook da Mesa, pois entendo que esa forma de titular e de ofrecer a información é bastante perniciosa:
:''Usuario1:'' Coidado, que estades falando da Wikipedia en castelán. Cada versión lingüística da Wikipedia, cos seus artigos e as súas normas internas, é levada por unha comunidade diferente de usuari@s, entre @s que se escollen persoas con diferentes postos hierárquicos, en función do seu compromiso co proxecto. O que quero dicir é que isto non é un asunto que competa á Wikipedia como proxecto global, senón que é responsabilidade da comunidade concreta de usuari@s (esencialmente voluntari@s) que agora mesmo votan e toman as decisións na Wikipedia en castelán. Loxicamente, o que fan el@s cos topónimos non ten nada que ver co que facemos na Wikipedia en galego, por poñer un caso próximo.
::''Usuario2'': O problema (tamén) é que a Wikipedia en castelán sexa a referencia absolutamente maioritaria para as persoas da comunidade lingüística galega. Eu estou convencido mesmo de que muitas persoas galegofalantes (conscientes) descoñecen a existencia da Galipedia -como doutras ferramentas que están en galego grazas ao esforzo colaborativo altruísta de muita xente. Úrxenos, como sociedade (e como comunidade lingüística) dármoslle á Galipedia muita máis visibilidade da que ten. E úrxenos tamén, muitas veces, un maior compromiso persoal á hora de apoiar os "produtos" que están en galego. O mesmo que falamos da Wiki podémolo dicir doutras cousas.
:::''Usuario3 (eu mesmo)'': Explicouno perfectamente Usuario1. Esta noticia ten un titular moi discutible. As políticas vixentes na Wikipedia en castelán relativas á toponimia son as denunciables, e só a esas se refire o artigo. O criterio que fixa a toponimia na Wikipedia en galego é ben outro: "séguese a toponimia oficial segundo a documentación que existe na páxina da Xunta de Galicia: Toponimia oficial e Nomenclátor de Galicia". Fraco favor lle fai por tanto o titular, e por extensión a nova e mais A Mesa pola Normalización Lingüística, á lingua galega, na medida na que se obriga a que os lectores reinterpretemos "Wikipedia" como "Wikipedia en español". Este erro vai, sen pretendelo, na liña de "español, lingua oficial; galego, catalán ou vasco, linguas cooficiais". Valla esta explicación para futuras melloras na redacción. En canto ao que comenta Usuario2, aínda que sen dúbida tes parte de razón, non é tan así. Se hoxe, xuño de 2018, un galego consciente descoñece a existencia da Wikipedia en galego, tan consciente non é. Por exemplo, os números de visitas a gl.wiki neste último ano son obxectivamente bos: [https://tools.wmflabs.org/siteviews/?platform=all-access&source=pageviews&agent=user&start=2016-07&end=2018-05&sites=gl.wikipedia.org]. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 15 de xuño de 2018 ás 20:36 (UTC)