Joaquín Loriga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
Sen resumo de edición
Liña 51:
Os 18.900 quilómetros de percorrido estiveron cheos de contratempos e, divididos en 17 xornadas, foron cubertos en trinta e tres días. Durante a etapa [[Trípoli, Libia|Trípoli]]-[[O Cairo]], Esteve tivo que dirixirse a [[Tunisia]] debido a unha avaría no motor. Na etapa [[Hanoi]]-[[Macao]], Loriga tivo que realizar un aterraxe de emerxencia en Macao, debido a unha avaría, polo que finalmente el e Gallarza tiveron que seguir camiño no único aparato dispoñible ata [[Aparri]], primeira escala en Filipinas, onde foron clamorosamente recibidos. Aeroplanos do exército dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] acompañáronnos na última escala, entre Aparri e Manila, onde os agardaba un recibimento multitudinario. Foron nomeados "Fillos Adoptivos" de Manila e recibiron innumerábeis homenaxes nos trece días de estadía no país, que terían a súa culminación días despois, ao regreso a [[España]].
 
[[Ficheiro:Monumento ao aviador Loriga. Lalín.JPG|miniatura|300px|esquerda|Monumento a Joaquín Loriga en Lalín. Obra de [[Francisco Asorey]].]]
 
== Homenaxes ==
En [[1927]] recibiu xunto a Ramón Franco, [[Julio Ruiz de Alda|Ruíz de Alda]] e Gallarza a Medalla da Liga Internacional de Aviadores, e atendendo a petición dos seus paisanos, viaxou a [[Galicia]]. O [[23 de xuño]] de [[1927]] aterrou co seu avión no Monte do Toxo (Lalín), onde unha multitude acudiu a recibilo. Os organizadores da homenaxe proxectaban iniciar unha subscrición popular para mercarlle un aeroplano. Pouco despois de regresar a Madrid, morreu no aeródromo de Cuatro Vientos, ao estrelarse o avión que pilotaba.
 
Coa súa morte, ao non ter reunido o diñeiro para adquirir o aeroplano, os seus paisanos decidiron destinar os fondos a erguer un monumento na súa memoria, solicitando a colaboración de institucións e particulares. A estatua, obra do escultor [[Francisco Asorey]] foi inaugurada o [[27 de agosto]] de [[1933]] no parque de Lalín. A obra reproduce un avión espetado na terra, que simboliza unha cruz, que preside o aviador. Na base, as palabras "España-Filipinas".<ref>[httphttps://dezahistoriashistoriasdedeza.blogalizawordpress.orgcom/2012/08/24/75-anos-con-loriga/ 75 anos con Loriga]</ref>
 
[[Ficheiro:Estatua de Joaquín Loriga.jpg|miniatura|200px|Estatua de Joaquín Loriga en [[Prado, Lalín|Prado]].]]