Cadáver: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
== Caracaterísticas ==
Curiosamente, noutras linguas, a palabra tamén deriva de ''cadaver(em)'' (''Kadaver'' en alemán, ''kadaver'' en neerlandés), pero sobre todo para indicar o corpo dun animal morto, mentres que en galego e pode referirse tanto ao corpo morto dun animal como, máis frecuentemente, ao dunha persoa.
 
Segundo unha lenda, o vocábulo ''cadáver'' é un composto de tres termos diferentes con significado propio dentro do latín<ref>[http://javierdiazgil.blogspot.com.es/2010/02/etimologia-cadaver-rectificando-los.html Etimología: cadáver (Rectificando a los sobres de azúcar...)] {{es}}</ref>. Descomponse nos seguintes termos: ''caro'' ('[[carne]]'), ''data'' ('dado, dada', paticipio de ''do, das, dare, dedi, datum'', 'dar') e ''vermibus'' ('a ou para os [[verme]]s, dativo de plural de ''vermis, -is'', '[[verme]]'). É dicir, o significado antigo de ''cadáver'' vén ser, literalmente, 'carne dada aos vermes' que, segundo a [[Roma Antiga|antiga Roma]], lugar de onde vén o termo, é unha palabra derivada da simple observación do que sucede cun cadáver en circunstancias meteorolóxicas de intemperie, non sendo manipulada a súa descomposición natural mediante embalsamamento.