Embrión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4761535 de 194.179.60.99 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 10:
== Desenvolvemento embrionario na especie humana ==
[[Ficheiro:Tubal Pregnancy with embryo.jpg|miniatura|dereita|250px|Embrión humano ás 5 semanas de xestación (10 mm).]]
O embarazo comeza cando un espermatozoide fecunda a un óvulo e fórmase un cigoto, proceso que ocorre no oviduto da muller ([[trompa de Falopio]]). Trinta horas despois da concepción, o cigoto sofre a primeira división celular. O embrión, como se chama a partir dese momento, segue a se dividir en dúas células, posteriormente en catro, en oito, dezaseis, trinta e dúas, a medida que percorre a trompa de Falopio. Ao cuarto día chega á fase de mórula, unha esfera de células nunha masa embrionaria discoidal. O cigoto segue o seu camiño até implantarse no [[útero]], entre 4 e 7 días despois da fecundación.Hola me llamo bola
 
Na segunda semana comeza a formarse a [[placenta]], que nutre ao embrión, formado xa por tres tipos de tecido primordial: [[endoderma]], [[ectoderma]] e [[mesoderma]]. No curso da terceira semana fórmase o [[tubo neural]], precursor do [[sistema nervioso]]. Na cara dorsal do embrión comenzan a formarse masas de tecido muscular chamadas ''sómitas'' ou ''sómites'', das que xurdirán os principais [[órgano (bioloxía)|órganos]] e [[glándula]]s. Os vasos sanguíneos e os primordios da cavidade dixestiva xorden cara ao final de esta semana. Cando remata o primeiro mes, xa comezaron a desenvolverse todos os órganos importantes. Os [[ollo]]s son perceptibles, os brazos e as pernas comezan a aparecer e late por primeira vez un [[corazón]] de catro cavidades.