Noite de san Xoán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
*reflecte->reflicte
Engadido o denominación 'noite do Lume Novo' que se emprega tradicionalmente na Terra Chá e en moitos outros lugares de Galicia: http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=3123&seccion=13 | http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.3599.php | http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/node/195
Liña 29:
}}
[[Ficheiro:Seurasaari-2005-johannus2.jpg|miniatura|250px|[[Fogueira|Cacharela]] en [[Finlandia]].]]
Na '''noite de san Xoán''' ou do Lume Novo, a noite do día [[23 de xuño|23]] ao [[24 de xuño|24]] de [[xuño]], e coincidindo co [[solsticio de verán]], celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de [[Europa]] (principalmente a [[Europa atlántica]]), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: [[Litha]]).
 
A data do [[24 de xuño]] corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de [[Xoán o Bautista]]<ref>Segundo o Evanxeo de san Lucas, a concepción de Xesús aconteceu 6 meses despois da de san Xoán: ''Mais o anxo díxolle: Zacarías, non temas; porque a túa pregaria foi ouvida, e a túa dona Elisabet parirache un fillo, e chamaralo de nome Xoán'' (13); ''Ao sexto mes o anxo Gabriel foi enviado por Deus a unha cidade de Galilea, chamada de Nazaret'' (26) [http://www.biblegateway.com/passage/?search=Lucas%201:1-15;&version=6;]. A tradición apócrifa conta que Zacarías, pai de san Xoán, celebrou o seu nacemento prendendo varias lumeiradas.</ref>.
Liña 37:
== Noite de san Xoán en Galicia ==
[[Ficheiro:Fogueira de San Xoán, Petelos, Mos.jpg|miniatura|Fogueira de S. Xoán preparada en [[Petelos, Mos|Petelos]] ([[Mos]]).]]
A noite de san Xoán é unha das festas [[antropoloxía|antropoloxicamente]] máis importantes en Galicia, a noite do Lume Novo. Así por exemplo, celébrase na [[A Coruña|Coruña]] coas tradicionais fogueiras na [[praia do Orzán]] e na de [[praia de Riazor|Riazor]], sendo esta a festa do san Xoán máis multitudinaria de Galicia e unha das máis multitudinarias de toda España{{cómpre referencia}}. A noite de san Xoán na Coruña foi declarada festa de interese turístico internacional de España. Porén en todo o territorio é de tradición acender cacharelas e facer xantares populares onde as [[sardiña]]s, os [[cachelo]]s con pela e a [[broa]] de millo son as protagonistas.
 
Moitos ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición: saltar as fogueiras, pór un ramo de herbas de san Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das [[meiga]]s, lavarse ao amencer en mananciais ou con [[Herbas de san Xoán|auga de rosas]] etc.