Gran Teatre del Liceu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 26:
 
== O edificio ==
O teatro está situadosito na [[la Rambla|Rambla]], no centro da cidade. Ata [[1994]], non era un edificio illado e só tiña dúas fachadas orientadas cara a rúa, limitando os outros dous costados con casas adxacentes. Esta circunstancia limitaba o seu crecemento. Por causa do incendio, expropiáronse as leiras veciñas e edificouse sobre elas unha ampliación do teatro, que dende entón dá cara a Rambla, así como ás rúas ''Unió'' e ''de Sant Pau''. O proxecto de reconstrución, feito a partir dun de reforma do teatro de [[1986]], foi obra dos arquitectos [[Ignasi de Solà-Morales]], [[Xavier Fabré]] e [[Lluís Dilmé]].
 
No edificio actual mantéñense algunhas partes provenientes dos anteriores:
Liña 35:
[[Ficheiro:Liceu-Maqueta-2000.JPG|miniatura|esquerda|250px|Maqueta do ''Gran Teatre del Liceu'' cara ao ano 2000 (Liceu, Foyer).]]
[[Ficheiro:Liceu-Maqueta-2.JPG|miniatura|esquerda|250px|A mesma maqueta dende o outro costado.]]
A sala do auditorio é enorme e espléndida. Reedificada despois do lume, reproduce fielmente o aspecto da sala de [[1861]] (ou máis ben, da de [[1909]], cando a sala volvérase decorar), con algunhas melloras. Ten 2.292 asentos, sendo un dos teatros clásicos de ópera de maior capacidade de [[Europa]]. É un teatro ao estilo italiano, con forma de ferradura que se vai pechando a medida que se achega ao proscenio. A lonxitude máxima da sala é de 33 metros, e o ancho de 27 metros. Ten platea e cinco andares (amais dos palcos de platea). Hai catro grandes palcos a cada lado do proscenio, e palcos na platea, no primeiro andar, e nos laterais do segundo e terceiro. Non obstante, non hai separación arquitectónica entre eles, tan só un biombo baixo, de xeito que no teatro non se ven columnas. Isto, e o feito de que non hai palco real nin presidencial, dá unha continuidade aos pisos que dan a impresión de seren unha ferradura dourada, sen interrupción. Outra peculiaridade é o anfiteatro, situadosito no primeiro piso: posúe tres ringleiras de butacas (sen dúbida, as mellores do teatro), que se proxectan por riba da platea sen ningún piar nin columna de apoio (susténtanse directamente sobre as trabes de ferro, o que, en [[1861]], foi bastante ousado). Este anfiteatro xa estaba na sala de [[1847]]; nesta, ademais, había un similar no segundo piso, con dúas ringleiras de butacas.
 
Os gastos da construción orixinal cubríronse coa venda de palcos e asentos: ao longo dos anos, os propietarios decoraron os antepalcos (as salas de entrada aos palcos) de xeitos moi diferentes, e, acotío, coa colaboración de grandes artistas e artesáns, conformando un conxunto de grande interese histórico e artístico. Todas elas, así e todo, desapareceron no lume de 1994.
Liña 52:
 
=== Referencias musicais da ornamentación do teatro ===
A decoración do teatro inclúe referencias escritas, inscricións, e iconográficas - pinturas, relevos, medallóns, entre outros - ao teatro e a música, que son un reflexo do gusto do momento no que se fixeron.
 
A fachada, vestixio do momento da construción do primeiro teatro, está presidida por dúas inscricións que, a ambos os lados do nome do teatro, din: "''Calderón - Mozart''" e "''Rossini - Moratín''", en referencia aos máximos representantes da historia do teatro e a música (Calderón e Mozart, en [[1847]] non eran autores moi representados) e da súa actualidade: Rossini era un compositor aínda popular, e Moratín era o paradigma do teatro "moderno" de bo gusto, xa que o [[teatro romántico]] non deixaba de ser unha novidade.<ref>O equilibrio entre autores españois e estranxeiros responde a unha realidade do momento, xa que a maioría de obras de teatro representadas, ao contrario que as musicais, eran de autores españois.</ref>