Mara Branković: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Mara Branković''', nada c. [[1416]] e finada o [[14 de setembro]] de [[1487]], tamén coñecida como ''Mara Hatun'', ''Despina Hatun'', ou ''Amerissa'', foi a filla do monarca [[Pobo serbio|serbio]] [[Đurađ Branković]] e [[Irene Cantacucena|Irene Cantacucena.]]. Mara entrou no harén do [[sultán]] [[Murad II]] do [[Imperio Otomán]].<ref name="fmg.ac">[http://fmg.ac/Projects/MedLands/SERBIA.htm#Maradied1487 Profile of Mara in "Medieval Lands" by Charles Cawley]</ref>
 
== Matrimonio ==
Segundo J. V. A. Fine, Mara foi prometida a [[Murad II]] en xuño de 1433. O compromiso foi un intento de evitar unha invasión a [[Serbia]] polo [[Imperio Otomán]], aínda que as periódicas incursións otomás continuaron. O 4 de setembro de 1435, o matrimonio produciuse en [[Edirne|Edirne.]]. O seu dote incluíu os distritos de Dubočica e Toplica.<ref>J. V. A. Fine, "The Late Medieval Balkans, A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest" (1994), page 530</ref> Ela non tivo fillos propios e o matrimonio posiblemente non foi consumado. Porén, ela foi próxima ó fillo do seu marido, [[Mehmed II]].
 
De acordo coa crónica de [[Jorge Frantzes]], Mara foi enviada de novo ós seus pais cando Murad II morreu, datando o seu regreso en 1451. Frantzes rexistrou que a viúva rexeitou unha proposta de matrimonio de [[Constantino XI]], o [[Lista de emperadores bizantinos|emperador bizantino.]].<ref>George Sphrantzes, "Chronicle" , Book 3, page 213</ref> Frantzes rexistrou que cando os seus pais morreron (en 1456-1457), Mara uniuse á corte do seu fillastro Mehmed II. Segundo D. M. Nicol, Mara mantivo a súa presenza na corte, pero tamén se lle ofreceu un estado propio en «Jezevo». Nicol identifica «Jezevo» co moderno establecemento de Dafni, no [[Monte Athos|Monte Athos.]] . Cando se converteu en sultán Mehmed, a miúdo pediu consellos dela. A súa corte no exilio de «Jezevo» incluíu a nobres serbios.
 
Segundo Nicol, Mara foi acompañada a «Jezevo» pola súa irmá Cantacuzina en 1469. As dúas damas actuaron como intermediarias entre Mehmed e a [[República de Venecia]] durante a segunda Guerra Otomán-Veneciana (1463-1479).<ref>D. M. Nicol, "The Byzantine Lady: Ten Portraits 1250-1500" (1994), page 116</ref> En 1471, Branković acompañou persoalmente a un embaixador de Venecia á Porta das negociacións co sultán.
Liña 13:
== Notas ==
{{listaref}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Branković, Mara}}
[[Categoría:Finados en 1487]]
[[Categoría:Historia de Serbia]]