Diferenzas entre revisións de «José Manuel Baltar Blanco»

=== Datos Profesionais e Experiencia Laboral ===
Funcionario do Corpo Superior de Administración Xeral da [[Galicia|Comunidade Autónoma]] de Galicia dende o ano 1993, letrado do Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Ourense e Xefe do Servizo Técnico-Xurídico da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Agroalimentaria e desenvolvemento Rural da [[Xunta de Galicia]].
 
En 1991 comeza a súa andaina profesional como membro do Gabinete Xurídico Calvo Sobrino de Ourense e como Asesor Xurídico do Banco Central de Ourense.
 
Durante o ano 1992 forma parte, coma Asesor Parlamentario, do Gabinete do Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da [[Xunta de Galicia]].
 
No período comprendido entre os anos 1993 e 1997 e nomeado Xefe do Servicio Técnico Xurídico da Delegación Provincial en [[Ourense]] da [[Consellería de Agricultura]], Gandería e Montes. Tamén e nomeado Secretario do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, Secretario da Xunta Provincial de Parcerías e Arrendamentos Rústicos Históricos e Secretario das Xuntas Locais de Concentración Parcelaria.
 
Durante o período entre os anos 1998 e 2001 e nomeado Delegado Provincial en Ourense da [[Consellería de Agricultura]] e Política Agroalimentaria e comeza a formar parte do Padroado da Fundación “Feiras e Exposicións de Ourense” EXPOURENSE.
 
Tamén no período que vai desde 1999 ata o ano 2001 entra a formar parte coma Membro do Pleno da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, sendo nomeado no ano 2000 Presidente da Comisión de Promoción Agroalimentaria.
 
No ano 2001 sae elixido Deputado do [[Parlamento de Galicia]] na VI lexislatura, tomando posesión  o día 20 de novembro, onde repite nas eleccións do ano 2005, na VII lexislatura, sendo nomeado Vicesecretario da Mesa. Volve saír elixido Deputado nas eleccións do ano 2009, na VIII lexislatura, sendo esta vez nomeado vicepresidente 1º da Mesa do Parlamento.
 
O día 6 de febreiro do ano 2012 e elixido Presidente da Excma. [[Deputación Provincial de Ourense]], cargo no que repite o ser nomeado novamente o 14 de xullo de 2015, e que ostenta ata a actualidade.
 
 
 
Usuario anónimo