Artemisa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 8:
'''O castigo de Níobe'''. [[Níobe]] era filla de [[Tántalo]] e tivo seis fillos e seis fillas, mentres que Leto tivera tan só dous: Apolo e Ártemis. Entón a mortal comezouse a mofar da "escasa" fertilidade da deusa e, ante este ultraxe, os dous xemelgos responderon cunha cruel matanza, acabando Apolo cos seis fillos e Ártemis coas seis fillas, aínda que fontes máis tardías aseguran que a deusa salvou a unha das rapazas de Níobe converténdoa en sacerdotisa para o seu templo.
 
'''O príncipe Acteón'''. Certo día, a deusa Ártemis estaba a se bañar nun río totalmente espida. Entón, [[Acteón]], que estaba cazando e se achegara ó escoitar uns ruídos, apartou as pólas que cubrían á deusa, véndoa totalmente espida. Ela, moi anoxada, rociouno con auga e converteuno nun cervo que, de seguido, foi perseguido e morto polos seus propios cans de caza. Deste episodio, danos boa conta [[Ovidio]] nas ''[[Metamorfoses]]''.
 
A deusa sóeseadóitase representar armada con [[alxaba]], arco e frechas, que comparte co seu irmán Apolo. Considérase a fundadora e deusa principal para a lendaria tribo das [[Amazona]]s que, como a deusa, dedicábanse á caza e á loita.

Tamén é protectora da virxindade e castidade femininas, as cales protexeu contra o cazador [[Orión]] do que a deusa se namorou mandándolle un escorpión para que o matara unha vez que este a intentara violar. Como deusa, pode chamar a atención a súa falta de piedade que, nun primeiro momento, salta á vista. Tamén se considerou a fundadora e deusa principal para a lendaria tribo das [[Amazona]]s que, como a deusa, dedicábanse á caza e á loita. Pero esta falta de bondade ou piedade non é tan evidente en realidade, pois tamén proporcionaba unha doce morte ás mulleres no parto cando as cousas se complicaban.

En Roma, asimilouse a [[Diana]], coa que compartía multitude de semellanzas e, unha vez inserida nesta civilización, tamén se lle atribúen novos mitos, destacando a súa participación na obra cumio de [[Virxilio]], a ''[[Eneida]]'', onde en todo momento axuda e defende á amazona [[Camila]], a cal, unha vez morta por [[Arrunte]], é vingada pola deusa. En [[Roma]], construíuselle un templo no [[Aventino]] e a súa festa celebrábase nos [[idos]] de agosto, isto é, o día trece.
 
{{Commons|Artemis}}