Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
{{cita|''Eu Martín García Sarmiento, de Vilafranca, diocese de Astorga, recibín o santísimo hábito do noso santo pai Bieito neste mosteiro de San Martín de Madrid, da mesma Orde do Santo Pai, de mans do Reverendísimo Padre Maestro frei Juan Bautista Lardito, abade do dito mosteiro no ano mil setecentos dez o día 20, martes, ás dez horas''|Ferro Ruibal, Xesús <ref>Anotación manuscrita do propio Sarmiento no Archivo Clero Secular Regular (L.8520), folio 464v. Archivo Histórico Nacional (Madrid)</ref>}}
 
[[Xesús Ferro Ruibal|Xesús Ferro]] explica a aparente contradición entre declararse "''natural de Pontevedra''" e a afirmación, do seu puño e letra, de ter nacidonacer en "''Villafranca Dioecesis Astorga''". Segundo o anónimo autor da biografía de Sarmiento escrita en 1785 (ós trece anos da morte de Sarmiento), os meniños eran "''legalmente naturais do lugar de residencia habitual dos pais, aínda que ocasionalmente estes estivesen fóra do Reino e os fillos nacesen fóra del''". É evidente que o lugar de residencia habitual dos pais e irmáns de Sarmiento era Pontevedra, polo que non cabe estrañar que el afirmase ser natural de Pontevedra.
 
Con catro meses trasládase coa súa familia a [[Pontevedra]], onde pasou a súa infancia e parte da mocidade. O 3 de maio de 1710, con 15 anos de idade, marchou a [[Madrid]] para ingresar na [[orde de San Bieito]], ingreso que tivo lugar o 20 de maio do mesmo ano.