Miguel de Cervantes: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Últimos anos: Johann Wolfgang von Goethe |
|||
Liña 19:
{{cita|Domingo, nove días do mes de outubro, ano do Señor de mil e cincocentos e corenta e sete anos, foi bautizado Miguel, fillo de Rodrigo Cervantes e o seu muller dona Leonor. Bautizouno o reverendo señor Bartolomé Serrán, cura de Nosa Señora. Testemuñas, Baltasar Vázquez, Sancristán, e eu, que lle bauticei e firme do meu nome. Bachiller Serrán.}}
[[Ficheiro:Miguel de Cervantes2.jpg|275px|miniatura|Miguel de Cervantes Saavedra (outro retrato imaxinario).]]
desde xa hai tempo sábese que a obra publicada por Haedo non era súa, algo que el mesmo xa recoñece. Segundo Emilio Sola, o seu autor foi Antonio de Sosa, beneditino compañeiro de cativerio de Cervantes e dialoguista da mesma obra. Daniel Eisenberg propuxo que a obra non é de Sosa, quen non era escritor, senón do grande escritor cativo en Alxer, escritos cos cales a obra de Haedo mostra moi extensas semellanzas. De ser certo, a obra de Haedo deixa de ser confirmación independente da conduta cervantina en Alxer, senón un máis dos escritos do mesmo Cervantes que loan o seu heroísmo.
O primeiro intento de fuga fracasou, porque o mouro que tiña que conducir a Cervantes e aos seus compañeiros a [[Orán]], abandonounos na primeira xornada. Os presos tiveron que regresar a Alxer, onde foron encadeados e vixiados máis que antes. Mentres tanto, a nai de Cervantes conseguira reunir certa cantidade de ducados, coa esperanza de poder rescatar ós seus dous fillos. En [[1577]] concertáronse os tratos, mais a cantidade non era abondo para rescatar aos dous. Miguel preferiu que fora posto en liberdade o seu irmán Rodrigo, quen regresou a España. Rodrigo levaba un plan elaborado polo seu irmán para liberalo a el e aos seus catorce ou quince compañeiros máis. Cervantes reuniuse cos outros presos nunha cova oculta, en agarda dunha galera española que viría a recollelos. A galera, efectivamente, chegou e intentou acercarse por dous veces á praia; mais, finalmente, foi apresada. Os cristiáns escondidos na cova tamén foron descubertos, debido á delación dun cómplice traidor, de alcume "o Dorador". Cervantes declarouse como único responsábel de organizar a evasión e inducir aos seus compañeiros. O rei de Alxer, [[Azán Baxá]], encerrouno no seu "baño" ou presidio, cargado de cadeas, onde permaneceu durante cinco meses.
|