Castro das Insuas: Diferenzas entre revisións

poboado fortificado en Boebre, Pontedeume
Contido eliminado Contido engadido
castro das insuas
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de xuño de 2018 ás 03:23

Coordenadas: 43°23′10″N 8°13′16″O / 43.386238, -8.221186

Castro das Insuas ou castro da Insua é un poboado castrexo situado la península das Insuas, en Boebre (Pontedeume).

Castro das Insuas
ParroquiaBoebre
ConcelloPontedeume
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15048002
Cronoloxía
Datas de ocupación-
Data da descuberta-
Períodos de escavación2011
Estado actualabandono
Extensión estimada1,6 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

É un castro costeiro situado nunha península no lugar da Barreira, na parroquia de Boebre. Está defendido por un único parapeto no istmo que o une á terra. No seu lado oeste está arrasado polo mar, e no leste os labores agrícolas desmontaron parte do parapeto defensivo. En 2011 a Asociación cultural Ardóbriga liderou unha prospección arqueolóxica, realizándose achados de distintas épocas: desde cerámica castrexa ata lápidas sepulcrais e ósos humanos correspondentes á época na que se achaban alí o cemiterio e a igrexa da parroquia de Boebre[1].

Notas

  1. Asociación cultural Ardóbriga (ed.). "Primeira campaña arqueolóxica de Ardóbriga (3 entregas)". Consultado o 22 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos