Táboa periódica dos elementos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxos ortográficos
Liña 2:
[[Ficheiro:Simple Periodic Table Chart.svg|miniatura|upright=2|lang=gl]]
 
A '''táboa periódica dos elementos''' é unha disposición en formato de táboa dos [[elementos químicos]], ordenados polo seu [[número atómico]], [[configuración electrónica]] e [[propiedades químicas]] recorrentes. Esta ordenación presenta unhas tendencias periódicas, como por exemplo a presenza de elementos semellantes na mesma columna. Presenta tamén catro [[bloque da táboa periódica|bloques]] con propiedades químicas semellantes. As filas da táboa denomínanse [[período da táboa periódica|períodos]], mentres que as columnas chámanse [[grupo da táboa periódica|grupos]]. Seis destes grupos teñen nomes xeralmente aceptados ademais de números; por exemplo, os elementos do grupo 17 son os [[halóxenos]] e os do grupo 18 os [[gases nobres]]. A táboa periódica pode utilizarse para derivar relacións entre as propiedades dos elementos e predicir as propiedades de novos elementos aínda non descubertos ou obtidos de maneira sintética. A táboa fornece un marco de traballo útil para a análise dos comportamentos químicos, e o seu uso é estendido dentro da [[química]] e outras ciencias.<blockquote>"

{{Cita|A táboa periódica é a pedra Rosetta da natureza. [...] Toda a química está recollida nela a un nivel básico. Isto non quere dicir, obviamente, que toda a química se atope nela. Nin de lonxe. Pero a estructuraestrutura da táboa refleareflexa a estructuraestrutura electrónica dos elementos, e de aí as súas propiedades e comportamento químico. QuizáisQuizais sería máis apropiado dicir que toda a química comeza na táboa periódica."| ([[Rudy Baum]], ''C&EN Special Issue on Elements'')<ref>{{Cita libro|título=The PeriodicTablePeriodic Table: A Very Short Introduction|apelidos=Scerri|nome=Eric R.|editorial=Oxford University Press|ano=2011|ISBN=9780199582495|ref=}}</ref></blockquote>}}

O químico ruso [[Dmitri Mendeleiev]] publicou a primeira táboa periódica notable no ano [[1869]]. Mendeleiev desenvolveu esta táboa para ilustrar tendencias periódicas nas propiedades dos elementos que se coñecían ata entón. Tamén [[elementos preditos por Mendeleiev|predixo]] algunhas propiedades de elementos aínda non coñecidos naquel entón que encherían os ocos na súa táboa, e a maioría destas predicións resultaron ser correctas cando se descubriron posteriormente os elementos en cuestión. A táboa periódica de Mendeleiev foise expandindo e refinando a medida que se foron [[descubrimento dos elementos químicos|descubrindo novos elementos]] e se desenvolveron novos modelos teóricos para explicar os comportamentos químicos.
 
Tódolos elementos dende o número atómico 1 ([[hidróxeno]]) ata o 118 ([[oganesson]]) foron descubertos ou obtidos sinteticamente, os últimos catro deles ([[nihonio]], [[moscovio]], [[ténnesso]] e oganesson) confirmados pola [[IUPAC|Unión Internacional de Química Pura e Aplicada]] (IUPAC) no ano 2015 e nomeados oficialmente en 2016, completándose con estes as primeiras sete filas da táboa periódica. Os primeiros 94 elementos existen de forma natural, malia que algúns deles só se atopan en cantidades moi pequenas de forma natural e foron obtidos de maneira sintética en laboratorios antes de ser descubertos na natureza. Os elementos de número atómico dende o 95 ata o 118 só foron obtidos sinteticamente en laboratorios ou [[reactores nucleares]].