Umbro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Patrocinios de Umbro: Quito sección, non colección
m NIke>Nike, Inc. (via JWB)
Liña 24:
'''Umbro''' é unha compañía [[Inglaterra|inglesa]] fabricante de [[calzado]], roupa deportiva e outros produtos relacionados co [[fútbol]], o [[deporte]] en xeral e a [[moda]], sendo os seus produtos vendidos en máis de 90 países de todo o mundo. A súa sede principal atópase en [[Cheadle]], [[Gran Manchester]], [[Inglaterra]].
 
En outubro de 2007 foi mercada pola súa competidora estadounidense [[Nike, Inc.|Nike]]. A finais de 2012 [[Nike, Inc.|Nike]] vendeuna a [[Iconix Brand Group]].
 
Umbro é a actual abastecedora de roupa deportiva das seleccións de: [[Selección de fútbol de Serbia|Serbia]], [[Selección de fútbol de Guatemala|Guatemala]], [[Selección de fútbol de Canadá|Canadá]], [[Selección de fútbol de Perú|Perú]], [[Selección de fútbol de Azerbaiyán|Azerbaiyán]], [[Selección de fútbol de Groenlandia|Groenlandia]], [[Selección de fútbol de Malaui|Malaui]], [[Selección de fútbol de Mauritania|Mauritania]], [[Selección de fútbol de Tayikistán|Tayikistán]], [[Selección de fútbol de Turkmenistán|Turkmenistán]], [[Selección de fútbol de Zimbabue|Zimbabue]] e [[Selección de fútbol de O Salvador|O Salvador]]. Ademais viste a [[Anexo:Patrocinios de Umbro|86 clubs profesionales]] de ligas de [[Europa]], [[América]] e [[Asia]].
Liña 51:
• Década de 1990 - [[AFC Ajax]] de Ámsterdam, gaña a [[Liga de Campións da UEFA]] e a [[Copa Intercontinental]] en 1995 vestindo a marca. [[Manchester United]] convirtese na forza dominante no fútbol Inglés, coroado polo seu triple éxito en 1999, tamén usando equipación Umbro. Ademais lógrase un acordo para vestir a [[Selección de fútbol do Brasil]], para axudar a cimenta-lo seu lugar no cume do fútbol mundial, que gañou a súa cuarta [[Copa do Mundo]]. Outra selección de fútbol latinoamericana, [[Colombia]], viviu unha espectacular época utilizando equipacións da marca inglesa dende 1993 ata 1997.[[Ficheiro:Camisetawestham.JPG|miniatura|right|150px|Camiseta do [[West Ham United Football Club|West Ham United]] (Inglaterra) confeccionada por Umbro.]]
 
• Década de 2000 - Continúa o abastecemento de equipacións para moitos equipos do [[América|continente americano]]. Umbro foi mercada por [[Nike, Inc.|Nike]] en 2008 e vendida a Iconix Brand a finais del 2012. Para a revitalización da marca, Umbro lanzou o seu deseño estilo "''Tailored''" comezando no 2009 e estendeu o concepto a tódolos equipos abastecidos pola marca. Conseguiu tamén prover equipacións co novidoso estilo a clubs coma o [[Club Nacional de Football]], [[Club Independiente Santa Fe|Independiente Santa Fe]], [[Junior de Barranquilla]], [[Liga Deportiva Universitaria (Quito)|Liga Deportiva Universitaria]], [[Universitario de Deportes]], [[Club Social e Deportivo Colo-Colo|Colo Colo]], [[Deportivo Cali]], [[Club Sport Herediano]], [[Club Deportivo Universidade Católica]], [[Estudiantes de La Plata]], [[Club Atlético Tucumán|Atlético Tucumán]], [[Club Atlético Vélez Sarsfield|Vélez Sarsfield]], entre outros.
 
=== Venda a Nike ===
O [[19 de outubro]] de [[2007]], [[JJB Sports]] adquiriu unha participación do 10,1% en Umbro, nunha medida para protexer a súa participación no mercado de camisolas de fútbol de Inglaterra. O [[23 de outubro]] de 2007 anunciouse que Umbro acordara a súa venda a Nike. O consello de Umbro recomendou os seus accionistas que votasen a favor da compra pois se ofrecía un prezo moi competitivo para a empresa. O prezo das accións de Umbro no momento da oferta era de preto de 130 P. O acordo foi aprobado polos reguladores en decembro de 2007.
 
Nike, en novembro de 2008, adquiríu a marca Umbro nunha operación que valorou á marca británica en 285 millóns de [[libra esterlina|libras esterlinas]] (340 millóns de [[Euro|euros]] ou 580 millóns de [[Dólar estadounidense|dólares]]). Umbro viu nesta compra unha oportunidade para amplia-lo seu negocio internacional. A marca deportiva tivo que perfila-las súas espectativas de beneficio para 2008 ante a caída nas vendas da camisola da [[Selección de fútbol de Inglaterra]]. Umbro accedeu á proposta de [[Nike, Inc.|Nike]] tras valorar que o seu rendemento financeiro tería menos desequilibros ó pasar dun ano cun gran torneo fútbolistico (coma un Mundial ou a Eurocopa) a outro sen torneos dese estilo.
 
Nike vendeu Umbro no mes de maio do ano 2012 por un prezo de 174 millóns de euros á principal compañía de xestión de marcas no mundo Iconix Brand Group.
Liña 67:
Ata mediados de 1980, a compañía fabricou só roupa deportiva, camisolas de fútbol, en particular, os pantalones curtos e calcetas, pero non tiña relevancia no calzado. Finalmente, en 1985, Umbro decidiu introduci-la súa primeira bota de fútbol no mercado brasileiro. Este deseño, máis barato cós produtos de marcas existentes, tales como [[Adidas]], resultou ser popular e entrou en produción en masa a nivel internacional dous anos máis tarde.
 
Umbro tamén fabricou un popular estilo de [[Pantalón|pantalóns]] curtos, que acadou o seu punto máximo a finais de 1980 e principios de 1990. Estaban feitos de [[nailon]], tiñan unha cintura con cordón e, a miúdo viñan en cores brillantes. Co crecemento do fútbol (soccer) por parte da xente nova en ligas de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] nos anos 1980, moitos mozos, adolescentes e adultos novos comezaron a usar as prendas deportivas como roupa de diario. No apoxeo da moda, outras marcas de pantalóns curtos de fútbol, tales coma Adidas, [[Diadora]], [[Hummel]], [[Lotto Sport Italia]] e [[Mitre]], tamén se fixeros populares. Os seus principais competidores neste mercado eran [[Reebok]], Adidas, [[Nike, Inc.|Nike]], [[Puma]], e Lotto Sport Italia.
 
Hoxe en día, Umbro fabrica todo tipo de roupa deportiva, incluíndo roupa de adestramento e botas de fútbol. A compañía é tamén un actor importante na fabricación de equipacións para algúns dos mellores equipos do mundo. As innovacións recentes no departamento de Umbro de botas de fútbol inclúen as botas Accuro, Medusae e Velocita.