Diferenzas entre revisións de «Illa de Alborán»

m
sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
m
O nome de Alborán procede do corsario [[Tunisia|tunesino]] Al-Borany, quen utilizou este illote como lugar de refuxio e fondeadeiro para o asalto de navíos mercantes en augas do [[Estreito de Xibraltar]], e como plataforma de lanzamento de ataques contra as costas almerienses. Nas súas proximidades, o [[1 de outubro]] de [[1540]] produciuse a batalla da Illa de Alborán, unha das primeiras accións da [[Armada Española]]. Administrativamente, na actualidade a Illa de Alborán pertence ao concello de [[Almería]] e concretamente ao distrito almeriense do barrio de Pescadería.
 
Debido ao seu gran valor estratéxico, a mediados dos anos 1960 producíronse varios intentos de supostos barcos de pesca soviéticos de establecer un asentamento estable en Alborán, o que motivou ao exército español a establecer na illa un destacamento permanente de [[Infantería de Mariña]] para o control e protección da mesma. Entre as escasas construcións existentes, hai que sinalar o faro (actualmente automatizado). Aínda que resulte sorprendente a illa conta tamén cun campo de fútbol e un cemiterio. Situada nunha importante zona sísmica na que choca a placa africana coa europea, en Alborán sitúanse os epicentros dun bo número de [[sismo]]s de baixa intensidade. En [[1899]] descubriuse nela un novo mineral que recibe o nome de [[Alboranitaalboranita]].
 
A illa e a súa contorna foi declarada Reserva Mariña e Reserva de Pesca en [[1997]] e no [[2003]], o [[Parlamento de Andalucía|Parlamento andaluz]] aprobou por unanimidade a Lei de Declaración do Paraxe natural de Alborán, o illote da Nube e as augas e fondos mariños que a rodean.
19.204

edicións