Aminoácido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Egádega de referencias
Liña 32:
* '''Aminoácidos esenciais''' ou indispensables son aqueles que o organismo animal non consegue sintetizar (mais poden ser sintetizados por outro animal ou por un vexetal). Os aminoácidos esenciais deben formar parte da dieta alimentaria deste animal, para evitar a desnutrición. Os aminoácidos esenciais para unha especie animal poden non selo para outra especie.
 
Por outra banda, estes tamén poden ser sintetizados no laboratorio mediante técnicas de síntese orgánica. Existen diversos métodos sintéticos como a aplicación da [[reacción de Hell-Volhard-Zelinsky]], a [[síntese de Gabriel]] ou a de [[Síntese de Strecker|Strecker]]<ref name=":0">{{Cita libro|título=Química Orgánicaa- Estructura y Función|apelidos=Vollhardt|nome=Peter|editorial=Omega|ano=2006|ISBN=842821431X|ref=}}</ref>, mais todas coinciden no mesmo problema, a obtención de mezclas enantioméricas. Este problema solvéntanse aplicando á mezcla técnicas de [[resolución enantiomérica]]: reaccións químicas específicas, aplicación de enzimas naturais, [[Catalizador|catalizadores]] químicos selectivos, [[cromatografía]] quiral...
 
=== Obtención ===
A parte da síntese dos mesmo, pódense obter mediante a fragmentación das [[Proteína|proteínas]], moléculas formadas por ata millares de aminoácidos unidos por enlaces peptídicaos (que ocorren entre o grupo carboxilo dun aminoácido e o grupo amino doutro). Esas ligazóns poden ser quebradas por hidrólise producindo unha mestura complexa de aminoácidos. Este proceso actualmente lévase a cabo de forma automatizada mais existen métodos químicos manuais como pode ser o [[método de Edmann]]<ref name=":0" />.
 
== Outros aminoácidos ==