Diferenzas entre revisións de «Afonso VIII de León e Galicia»

sen resumo de edición
Pouco despois de ser coroado, Afonso VIII de León reuniuse co seu primo [[Afonso VIII de Castela]] en [[Carrión de los Condes]] coa intención de iniciar unhas boas relacións con [[Reino de Castela|Castela]] que permitiran unha paz duradeira. A reunión consistiu nunha cerimonia para investir a Afonso VIII de León cabaleiro e, como era costume nestes casos, Afonso beixou a man do rei castelán, recibindo por parte deste a espada e o cinto propios dun cabaleiro.
 
Na mesma cerimonia foi armado cabaleiro o príncipe [[Conrado de Suabia]], fillo do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico]] [[Federico I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Federico Barbarroxa]]. O príncipe viñera á [[península Ibérica|península]] co obxectivo de casar coa infanta [[Berenguela de León e Castela|Berenguela]], filla de Afonso VIII de Castela.
 
Afonso VIII de Castela, máis tarde, e rompendo o pacto, entrou coas súas tropas en territorio leonés, apoderándose de varias prazas que nunca pertenceran a Castela, entre elas [[Valencia de Don Juan]] e [[Valderas, León|Valderas]]. Comezaron así as hostilidades co Reino de León, invadindo uns territorios que marcarían a política exterior de Afonso VIII de León.
 
En [[1211]] Afonso devolveu o castelo de [[Alcañices]] aos [[Orde do Temple|templarios]].<ref>{{Cita libro|apelidos=Martínez Díez, Gonzalo|título=Los Templarios en la Corona de Castilla|editorial= Burgos: La Olmeda|isbn=9788460462774|edición=1ª |páxina=103}}</ref><ref>{{Cita libro |autor=Canal Historia |título=Templarios. Del origen de las cruzadas al final de la Orden del Temple |url=https://books.google.es/books?id=YKZ4CgAAQBAJ&lpg=PP1&hl=es&pg=PP1#v=onepage&q&f=false |data=22 de outubro de 2015 |editorial=Penguin Random House |isbn=9788401015731 |edición=1ª |páxina=417 |capítulo=Apéndice I. Los lugares del Temple}}</ref>
 
Tras a disolución do seu matrimonio con Berenguela, Afonso centrouse outra vez na rivalidade do seu reino co de Castela. Volveron as friccións, especialmente nos territorios situados na [[País Leonés|Franxa de Carrión]] e en parte da [[Tierra de Campos|Terra de Campos]].
 
[[1217]] a súa ex-esposa Berenguela abdicou en favor do fillo de ambos, [[Fernando III ode SantoCastela|Fernando]], polo que este se trasladou xunto á súa nai a gobernar o reino castelán, do que Benguela ea [[Rexencia|rexente]].
 
=== Portugal ===
184.761

edicións