Diferenzas entre revisións de «Universo»

→‎A Vía Láctea: texto traducido desde a wiki .es:Universo#La Vía Láctea
m (https://academia.gal/dicionario/-/termo/entanto,%20no)
(→‎A Vía Láctea: texto traducido desde a wiki .es:Universo#La Vía Láctea)
{{AP|Galaxia irregular}}
Este tipo de galaxias inclúen unha gran diversidade de galaxias, cuxas configuracións non responden as tres formas anteriores, aínda que teñen en común algunhas características, como a de ser case todas pequenas e conter unha gran porcentaxe de materia interestelar. Calcúlase que son irregulares ao redor do 5 % das galaxias do universo.
=== A Vía Láctea ===
 
{{AP|Vía Láctea}}
A '''Vía Láctea''' é nosa [[galaxia]]. Segundo as observacións, posúe unha masa de 10<sup>12</sup> [[Sol|masas solares]] e é de tipo espiral barrada. Cun diámetro medio duns 100&nbsp;000 [[ano luz|anos luz]] calcúlase que contén uns 200&nbsp;000 millóns de estrelas, entre as cales se atopa o [[Sol]]. A distancia desde o [[Sol]] ao centro da galaxia é de ao redor de 27&nbsp;700 anos luz (8,5&nbsp;[[pársec|kpc]])
A primeira ollada, obsérvase como un ronsel esbrancuxado de forma elíptica, que se pode distinguir nas noites despexadas. O que non se aprecian son os seus brazos espirais, nun dos cales, o chamado [[brazo de Orión]], está situado o noso sistema solar, e por tanto a Terra.
 
O núcleo central da galaxia presenta un espesor uniforme en todos os seus puntos, salvo no centro, onde existe un gran abultamento cun grosor máximo de 16&nbsp;000 anos luz, sendo o grosor medio duns 6000 anos luz.
 
[[Ficheiro:Milky Way IR Spitzer.jpg|miniatura|Vía Láctea]]
Todas as estrelas e a materia interestelar que contén a [[Vía Láctea]], tanto no núcleo central como nos brazos, están situadas dentro dun disco de 100&nbsp;000 anos luz de diámetro, que vira sobre o seu eixo a unha velocidade lineal superior aos 216&nbsp;km/s.<ref>{{cita libro|capítulo=The place of the solar system in the universe: The extent of the universe|capítulo-trad=Planteamiento de la cuestión: El lugar del sistema solar en el universo|autor=Ross Taylor, Stuart|título=Destiny or chance: Our Solar System and its place in the Cosmos|título-trad=Nuestro sistema solar y su lugar en el cosmos|ano-orixinal=1998|ano=2000|editorial=Cambrigde University Press|páxina=19|url=http://books.google.com/books?id=c_tDHydZoAcC|isbn=0-521-48178-3|lugar=Nova York NY, Estados Unidos|idioma =inglés|dataacceso= 8 de xuño do 2018}}</ref>
 
== Notas ==
104.527

edicións