Composto químico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
algo máis desde a wiki .ca
Jglamela (conversa | contribucións)
Traduzo de ca:compost químic
Liña 8:
 
Os elementos dun composto non se poden separar por procesos físicos (decantación, filtración, destilación etcétera), senón só mediante [[proceso químico|procesos químicos]].
 
== Formación de compostos químicos ==
A maioría dos elementos químicos existen en combinación con outros elementos que forman compostos químicos. De feito, só un pequeno número de elementos son libres na natureza: os átomos do [[gases nobres]] como átomos libres, o [[osíxeno]] e o [[nitróxeno]], baixo a forma de moléculas diatómicas, O<sub>2</sub> e N<sub>2</sub>, [[xofre]] en forma de moléculas con oito átomos, S<sub>8</sub>, o [[carbono]] como [[grafito]] ou [[diamante]] e os metais preciosos ([[cobre]], [[prata]], [[ouro]] e [[platino]]).
 
A razón pola que os átomos se combinan para proporcionar compostos químicos reside no feito de que, en distancias moi pequenas, as [[nube electrónica|nubes electrónicas]] interactuan de xeito que a [[enerxía]] do sistema diminúe. Pódese dicir tamén que como resultado desta interacción se xeran forzas de atracción.<ref name=Cotton>{{cita libro|apelidos=Cotton |nome=A. |apelidos2=Wilkinson|nome2=G. |título=Química inorgánica avanzada |editorial=McGrLimusa |lugar=México |data=1978 |edición=2a ed.|isbn= }}</ref>
 
Polo tanto, os [[electrón]]s externos dos átomos son responsables da formación dos composts. Existen dúas formas xerais:
* Transferencia de electróns desde átomos dun elemento a outro átomo de elemento para formar compostos iónicos, que son conectados por atracción electrostática.
* Compartindo electróns entre diferentes átomos para formar compostos covalentes, que están ligadas debido a un efecto cuántico, a maior deslocalización de electróns.
 
Estes procesos xeran ligazóns químicas, forzas que manteñen os átomos xuntos os elementos nun composto.<ref name=Silberberg>{{cita libro|apelidos=Silberberg |nome=M.S |título=Química general |editorial=McGraw-Hill |lugar=México |data=2002 |isbn=970-10-3528-3}}</ref>
 
== Clasificación ==
[[Ficheiro:TauTropfenGerbera1.JPG|miniatura|Gotas de [[auga]], composto inorgánico, covalente de fórmula H<sub>2</sub>O]]
[[Ficheiro:Pyrite 60608.jpg|miniatura|A [[pirita]] é un sulfuro, composto iónico formado por [[ferro]] e [[xofre]] (FeS<sub>2</sub>)]]
[[Ficheiro:Nitrato de Chile 01 by-dpc.jpg|miniatura|Nitrato de Chile ([[nitrato de sodio]], NaNO<sub>3</sub>), [[fertilitzante]] natural]]
[[Ficheiro:Car tires.jpg|miniatura|Os [[pneumático]]s fabrícanse con [[caucho]] natural e sintético]]
[[Ficheiro:Surgical gloves 19.JPG|miniatura|Luvas fabricadas con [[neopreno]], un polímero sintético]]
[[Ficheiro:Paracetamol generico.jpg|miniatura|[[Paracetamol]], un medicamento]]
=== Clasificación segundo o tipo de ligazón ===
Os compostos químicos poden clasificarse segundo o tipo de enlace químico en:
* Covalentes: son compostos químicos onde os átomos permanecen unidos por enlaces covalentes. Se hai unha pequena diferenza entre dous átomos en canto á tendencia a perder ou gañar electróns, obsérvase un intercambio de electróns. Este tipo de ligazón é máis importante entre átomos non metálicos. Cada átomo atrae os seus electróns porque ten unha elevada enerxía de ionización, pero tamén atrae os electróns dos outros átomos. Isto fai que os átomos se unan para formar un composto. Na maioría dos caos, xéranse moléculas separadas e a fórmula química reflicte o número real de átomos na molécula (fórmula molecular).<ref name=Silberberg /> Exemplos: [[dióxido de carbono]] (CO<sub>2</sub>), [[ácido periódico]] (HIO<sub>4</sub>), pentacloruro de fósforo (PCl<sub>5</sub>), [[etanol]] (CH<sub>3</sub>CH<sub>2</sub>OH), [[ácido acético]] (CH<sub>3</sub>COOH).
* Iónicos: son compostos onde os átomos quedan unidos mediante enlaces iónicos. Esta conexión adoita observarse entre átomos con grandes diferenzas na súa tendencia a perder ou gañar electróns. Estas diferenzas obsérvanse entre os metais reactivos (grupos 1 e 2 da [[táboa periódica]]) e non metais (grupo 17 ou [[halóxeno]]s e parte superior do 16). O átomo de metal iónico de baixa enerxía perde un ou dous electróns de [[valencia]], mentres que o átomo de [[afinidade electrónica]] non metálica, moi negativo, gaña electróns. Prodúcese unha transferencia electrónica do metal ao non metálico, e cada átomo forma un ión coa configuración electrónica de gas nobre. A atracción electrostática entre ións de diferentes signos lévaos a formar unha estrutura tridimensional dun sólido iónico, fórmula química que representa a relación [[catión]]/[[anión]] (fórmula empírica).<ref name=Silberberg /> Exemplos: [[óxido de sodio]] (Na<sub>2</sub>O), cloruro de litio (LiCl), sulfuro de potasio (K<sub>2</sub>S), hidruro de calcio (CaH<sub>2</sub>). Hai tamén compostos iónicos nos que o anión ou o catión son poliatómicos, é dicir, está formado por varios átomos unidos por enlace covalente e con carga eléctrica. Exemplos de catións poliatómicos: [[amonio]] (NH<sub>4</sub><sup>+</sup>) e [[uranilo]] (UO<sub>2</sub><sup>2+</sup>). Exemplos de anións poliatómicos, oxoanións de [[carbonato]] (CO<sub>3</sub><sup>2-</sup>), [[sulfato]] (SO<sub>4</sub><sup>2-</sup>), [[nitrato]] (NO<sub>3</sub><sup>-</sup>).
* [[ión complexo|Complexos]]: unidos por [[enlace covalente coordinado|enlaces covalentes coordinados]].
 
=== Clasificación xenérica ===
Os compostos clasifícanse de forma xenérica en:
* Orgánicos ou compostos de [[carbono]] e [[hidróxeno]], con ou sen outros elementos.
* Inorgánicos, que non conteñen carbono (agás óxidos de carbono, carbonatos, carburos etc.).
 
=== Clasificación polos elementos que os forman ===
Os principais compostos químicos que existen na actualidade son:
* [[Óxido básico|Óxidos básicos]], que están formados por un metal e osíxeno. Por exemplo, o óxido plúmbico.
* [[Óxido ácido|Óxidos ácidos]], formados por un non metal e osíxeno. Por exemplo, óxido hipocloroso.
* [[Hidruro]]s, que poden ser tanto metálicos como non metálicos. Están compostos por un elemento e hidróxeno. Por exemplo, hidruro de aluminio.
* [[Hidrácido]]s, son hidruros non metálicos que, cando se disolven en auga, adquiren carácter ácido. Por exemplo, o ácido iodhídrico.
* [[Hidróxido]]s, compostos formados pola reacción entre un óxido básico e a auga, que se caracterizan por presentar o grupo oxidrilo (OH). Por exemplo, o hidróxido de sodio, ou sosa cáustica.
* [[Oxoácido]]s, compostos obtidos pola reacción dun óxido ácido e auga. As súas moléculas están formadas por hidróxeno, un non metal e osíxeno. Por exemplo, ácido clórico.
* [[Sal binaria|Sales binarias]], compostos formados por un hidrácido máis un hidróxido. Por exemplo, o cloruro de sodio.
* [[Oxisal]]es, formadas pola reacción dun oxoácido e un hidróxido, por exemplo o hipoclorito de sodio (a lavandina).
 
== Natureza dos compostos químicos ==
Liña 25 ⟶ 65:
Os químicos describen os compostos usando os [[símbolo químico|símbolos químicos]] dos [[átomo]]s [[enlace químico|enlazados]]. A orde destes nos compostos inorgánicos vai desde o máis [[electronegatividade|electronegativo]] á dereita. Por exemplo no '''[[cloruro de sodio|NaCl]]''', o [[cloro]], que é máis electronegativo que o [[sodio]], vai na parte dereita. Para os compostos orgánicos existen outras regras.
 
== Clasificación ==
Os principais compostos químicos que existen na actualidade son:
 
* [[Óxido básico|Óxidos básicos]], que están formados por un metal e osíxeno. Por exemplo, o óxido plúmbico.
* [[Óxido ácido|Óxidos ácidos]], formados por un non metal e osíxeno. Por exemplo, óxido hipocloroso.
* [[Hidruro]]s, que poden ser tanto metálicos como non metálicos. Están compostos por un elemento e hidróxeno. Por exemplo, hidruro de aluminio.
* [[Hidrácido]]s, son hidruros non metálicos que, cando se disolven en auga, adquiren carácter ácido. Por exemplo, o ácido iodhídrico.
* [[Hidróxido]]s, compostos formados pola reacción entre un óxido básico e a auga, que se caracterizan por presentar o grupo oxidrilo (OH). Por exemplo, o hidróxido de sodio, ou sosa cáustica.
* [[Oxoácido]]s, compostos obtidos pola reacción dun óxido ácido e auga. As súas moléculas están formadas por hidróxeno, un non metal e osíxeno. Por exemplo, ácido clórico.
* [[Sal binaria|Sales binarias]], compostos formados por un hidrácido máis un hidróxido. Por exemplo, o cloruro de sodio.
* [[Oxisal]]es, formadas pola reacción dun oxoácido e un hidróxido, por exemplo o hipoclorito de sodio (a lavandina).
==Notas==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}