Richard R. Ernst: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Nobel de Química; cambios estética
Liña 30:
 
== Investigacións científicas ==
Iniciou as súas investigacións sobre a [[resonancia magnética nuclear]] (RMN), fenómeno coñecido desde o ano [[1945]] grazas ao seu descubrimento polos [[Premio Nobel de Física|Premios Nobel de Física]] [[Felix Bloch]] e [[Edward Mills Purcell]], e que consiste na absorción selectiva de [[enerxía]] polos [[núcleo atómico|núcleos atómicos]] que posúen un [[momento magnético]], cando están situados nun [[campo magnético]] e son irradiados con [[radiación]] [[electromagnetismo|electromagnética]] cunha frecuencia determinada. Mediante o uso da [[espectroscopia]] observou como as frecuencias de resonancia características destes núcleos varían de acordo coa contorna química do [[átomo]], podendo identificar a presenza destes núcleos e a natureza das súas [[reacción química|interaccións químicas]] no núcleo dunha [[molécula]]. Na década de 1960 conseguiu aumentar en máis de dez [[Ordes de magnitude (enerxía)|ordes de magnitude]] a sensibilidade desta técnica substituíndo a variación suave da frecuencia con intensas pulsacións radiomètricas.
 
A aplicación da técnica matemática da [[serie de Fourier]] ao complexo sinal obtido dos núcleos permitiu a reconstrución do espectro da resonancia magnética nuclear, ampliando así o rango de núcleos susceptibles de ser estudados con esta técnica.