Fuxan os Ventos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
edito listado
Xas (conversa | contribucións)
m lig int e arranxiños
Liña 9:
| xénero = Folk
| selo =
| membros = [[Carme Vázquez]], [[Xoán L. F. Saavedra]], [[Tereixa Novo]], [[Alfonso Fernández]], [[Moncho Díaz]], [[Maruxa Fociños]], [[Antón Castro]], [[Xosé Vázquez]] e [[Pedro Lucas]].
| antigos_membros = [[Xosé Luís Rivas Cruz]] (Mini) e [[Baldomero Iglesias Dobarrio]] (Mero)
| web = [http://www.fuxanosventos.net FuxanosVentos.net]
Liña 16:
 
== Historia ==
No ano [[1973]] o grupo participou no III Festival Ría de Ares, en [[Pontedeume]], gañando tamén o primeiro premio. No ano seguinte participaron noutros festivais en [[Ferrol]] e [[Madrid]], acadando sempre o recoñecemento da crítica e prensa especializada, mentres participaban na misa radiada de [[Radio Popular]], nona que xa participaban antes da creación do grupo.
 
No ano [[1975]] o grupo sufriu a súa primeira escisión. No seo do grupo agroman dúas liñas de traballo, unha tendente ao folclore universal e outra máis comprometida coa cultura, idioma e identidade galega. Foi a segunda liña a que quedou, e comeza o percorrido polos teleclubes da provincia con "Galicia canta ó Neno", unha montaxe e representación costumista-musical, escenificación do xeito de vivir as festas do [[Nadal]] en Galicia. Este proxecto incluíu a participación de moita xente e a recolleita de centos de [[panxoliña]]s, [[aguinaldo]]s e [[cantos de Reis]].
 
Pouco despois aparecen as primeiras ofertas para editar discos. Nos primeiros anos o grupo rexeitaba a posibilidade de gravar o repertorio do grupo, co fin de non comercializar o problema galego. Pero en [[1976]], co fin de espallar o seu traballo, chegan a un acordo [[Philips-Fonogram]], co que o grupo podería gravar á súa maneira (sen arranxos electrónicos), manter a liña do grupo e o compromiso político apartidista e asegurarían que o grupo non se comercializaría cara adentro. Froito daquel acordo edítase en 1976 o seu primeiro disco, ''[[Fuxan os ventos (álbum)|Fuxan os ventos]]'', e posteriormente outros tres: ''[[O Tequeletéqueletequeletequele]]'' , ''Galicia canta ó neno'' e ''[[Sementeira (álbum)|Sementeira]]''.
 
O grupo segueseguiu a cantar na Misa da radio, a representar "Galicia canta ó Neno" por toda Galicia, espectáculo que chegachegou a retransmitirse en en directo, dende o [[Teatro Colón da Coruña]] a través da [[TVE]] en Galicia. Participaron na "1ª Romaxe de Crentes Galego" que organizanorganizaron [[Asociación Irimia|Irimia]] e [[Encrucillada]], na que colaboraráncolaboraron na maior parte das edicións. En [[1977]], prodúceseproduciuse a segunda escisión do grupo, por mor de manter a independencia política. Entre [[1978]] e [[1980]] o grupo aumentou o número de actuacións, chegando a [[Cataluña]], [[Euskadi]], [[Lisboa]], [[Bruxelas]], [[París]], [[Zúric]], [[Brest, Bretaña|Brest]], e mesmo en dúas edicións do [[Festival Intercéltico de Lorient]] ([[1978]] e [[1979]]), mentres realizan unha ''Campaña Cultural'' en zonas de montaña, con 30 actuacións en vilas e aldeas da provincia.
 
No ano [[1979]] conseguenconseguiron o seu maior éxito co disco ''Sementeira'', o que lle seguiría un período onde o grupo aumentaaumentou a súa actividade ata cen concertos ao ano. O seu quinto disco ''[[Quen a soubera cantar]]'' xa foi coa editora [[Ruada (discográfica)|Ruada]], nun intento fracasado de apoiar o primeiro selo discográfico galego.
 
[[Ficheiro:Miniemeroo.jpg|miniatura|272px|Mini e Mero moito tempo despois de deixar Fuxan os Ventos.]]
Por Fuxan os ventos chegaron a pasar até 30 persoas, ata que a comezos do ano [[1983]] se produciu a definitiva modificación coa saída de dous dos seus compoñentes ([[Xosé Luís Rivas Cruz]] e [[Baldomero Iglesias Dobarrio]], que fundaron [[A Quenlla (grupo musical)|A Quenlla]]) e a incorporación dun trío de música tradicional. Nesta nova época o grupo grava con Fonomusic no ano [[1984]] o disco "Noutrora" e continúa coas actuacións en directo incrementando a súas saídas fóra de Galicia, abríndose a novos circuítos: tocan en [[Durango, País Vasco|Durango]], nun ''galeuzca'' musical, en [[1983]]; en [[Xaén]], na Universidade Popular, en [[1985]], ou en [[Segovia]], no Festival Agapito Marazuela, no ano [[1989]], na que sería a súa última actuación en directo.
 
Desde esa data, o grupo permanecepermaneceu inactivo de cara ao público, rompendo o seu silencio en contadas ocasións: en maio de [[1993]] participando na Festa Labrega de [[Láncara]], organizada polo [[Sindicato Labrego Galego]] para conmemorar a supresión da "cota empresarial agraria"; e no ano [[1997]], en Lugo, para celebrar o vinte e cinco aniversario da Asociación Auxilia, coa que o grupo colaborou dende a súa fundación. No ano [[2007]], aproveitando o convite para dar o pregón da Feira de Artesáns de Instrumentos Tradicionais que ten lugar no [[Festival de Pardiñas]] ([[Guitiriz]]), o grupo fai unha pequena actuación cantando seis temas do seu repertorio.
 
Porén, o grupo segue a traballar internamente. En [[1999]] concretouse ese traballo na gravación do disco ''Sempre e máis despois'', tras quince anos sen editar, e composto exclusivamente por temas tradicionais. O disco ''Na Memoria dos tempos'' apareceu no [[2002]]. O grupo tamén participou na gravación de dous temas para o disco de cancións infantís ''Pelo gato 24'', editado pola Asociación de Gaiteiros no [[2007]]. ''Terra de Soños'', editado no ano [[2010]], reedita os clásicos do grupo.