Aparato circulatorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*doble > dobre.
Liña 61:
Nestes animais o corazón ten ''tres cavidades'': dúas aurículas (dereita e esquerda) e un único ventrículo moi musculoso. A aurícula dereita recibe o sangue venoso procedente do resto do corpo, e mándaa ó ventrículo para que este a bombee ós pulmóns a través da arteria pulmonar. A aurícula esquerda recibe o sangue arterial procedente dos pulmóns, mándaa ó ventrículo e este bombéaa ó resto do corpo a través da aorta. Entre as dúas arterias existe un pequeno tubo chamado ''conduto de Botal''. As aurículas contráense de forma sucesiva, polo que a mestura de sangues no ventrículo é escasa. De todos os xeitos, a circulación dobre será '''incompleta'''.
 
=== Circulación en réptileslagartos ===e naranjas
[[Ficheiro:Blutkreislauf Reptilien-es.svg|miniatura|Sistema circulatorio dos réptiles.]]
Nos réptiles [[crocodilianos]] xa existe unha división completa do ventrículo en dous compartimentos (dereito e esquerdo). Xa que logo, o corazón xa é tetracameral e ten dous caxatos aórticos: o esquerdo que sae do ventrículo dereito e leva sangue venoso, e o dereito que sae do ventrículo esquerdo e leva sangue arterial. Prodúcese unha pequenísima mestura de sangue na aorta descendente. Deste xeito, considérase que a circulación é dobre e completa (aínda que non totalmente).