Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 199:
=== Catálogo de obras ===
{{Artigo principal|Bach-Werke-Verzeichnis}}
O rexistro das obras de Bach, ou ''[[Bach-Werke-Verzeichnis]]'' (''Catálogo de Obras de Bach''), abreviado BWV, foi elaborado por [[Wolfgang Schmieder]], e foi presentado en [[1950]]. Dende a súa creación experimentou varias melloras e correccións, aínda que estas non afectaron á súa estrutura básica. As obras de Bach deste catálogo están agrupadas en dúas grandes seccións: primeiro a música vocal (BWV 1-524) e despois a música instrumental (BWV 525-1127). Dentro destas dúas seccións as obras están agrupadas por xéneros e non por data, polo que un BWV menor non indica que sexa unha composición temperá. O descubrimento de máis obras de Bach e a omisión de outrasdoutras que lle foran atribuídas anteriormente levou a que a numeración sexa parcialmente incompleta e tivo que ser ampliada con outras obras despois do número 1080. Existe tamén un apéndice do catálogo con obras das que só sobreviviron fragmentos, consideradas perdidas etc.<ref>{{Cita web |url=http://www.bach-digital.de/content/worksjs.xml;jsessionid=BE602B659A0DBC79D79E1A855F674C16?lang=en |título=Bach Works Catalogue (Bach-Werke-Verzeichnis, BWV) |páxina-web=Bach Digital |dataacceso=24 de decembro de 2014 |lingua=inglés}}</ref>
 
Existe outro catálogo realizado polos [[musicoloxía|musicólogos]] alemáns [[Christoph Wolff]] e [[Hans-Joachim Schulze]] denominado ''[[Bach Compendium]]'', aínda que ten menor difusión.<ref>{{Cita web |url=http://www.bach-cantatas.com/Ref/IndexRef-BC.htm |título=Index to References to Bach Cantatas & Other Vocal Works Bach Compendium |páxina-web=bach-cantatas.com |dataacceso=24 de decembro de 2014 |lingua=inglés}}</ref>