Real portugués: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
→‎Antes do real: Ligazón interna.
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axuste de ligazón interna.
Liña 13:
Só no tempo de Afonso IV, o diñeiro pasou a ser coñecido por ''alfonsim'' ou ''real.'' Alfonsim porque a cunhaba o rei Afonso e real porque era a moeda do rei, da realeza portuguesa. Como foi un rei forte no seu tempo, reinando durante máis de 32 anos, o nome acabou por perpetuarse. Antes de Afonso IV, as moedas cuñadas polos reis portugueses chamábanse de ''diñeiro'', que é a evolución á lingua vulgar da palabra ''[[denario]]'', [[Moeda da Antiga Roma|moeda romana]] que aínda circulaba en [[Europa]].
 
Ese ''diñeiro'' portugués cuñábase cunha aliaxe de [[cobre]] e [[prata]] chamada [[BellónBillón (aliaxe)|billón.]] Tamén se cuñaba unha ''mealla'', coa mesma liga, que valía exactamente a metade do ''diñeiro.'' A partir de [[Afonso II de Portugal|Afonso II]] (1211-1223) xa non se cuñou máis a ''mealla'', aínda que se mantivo na práctica. Como a ''mealla'' valía a metade dun ''diñeiro'', cando cumpría troco, cortábase un diñeiro en dúas metades. Esas moedas de billón tiñan nunha das súas faces a Cruz da [[Orde do Temple|Orde do Templo.]] A pesar do "real alfonsim", aínda pasaría moito tempo ata a uniformización do sistema monetario portugués.
 
O primeiro ''real'' foi introducido por [[Fernando I de Portugal|Fernando I]] preto de 1380. Era unha moeda de [[prata]] e tiña un valor de 120 ''diñeiros.'' No reinado de João I (1385-1433) emitíronse o ''real branco'', de 3 ½ libras, e o ''real negro'', de 7 soldos (un décimo dun real branco). No inicio do reinado de [[Duarte de Portugal|Duarte]], en 1433, o real branco (equivalente a 840 ''diñeiros'') volvérase a unidade base en Portugal. Desde o reinado de [[Manuel I de Portugal|Manuel I]] (1495-1521), o nome foi simplificado como simplemente "real", coincidindo co inicio da cuñaxe de moedas de ''real'' en [[cobre]]. Comezou a ser usada a forma "réis" en vez de "reais" no reinado de João IV de Portugal (1640-1656), tras o período da monarquía española en Portugal, de 1580 a 1640.