Moeda bizantina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axuste de ligazón interna.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes de ligazón interna.
Liña 36:
[[Nicéforo II|Nicéforo II Phocas]] ([[963]]-[[969]]) emprendeu numerosas campañas contra os [[Árabes]] e, para as financiar, creou unha nova variedade do nomisma,denominda ''[[Tetarteron|tetarteron nomisma]]'', que se utilizaba nas transaccións comerciais á par que o nomisma tradicional, aínda que 1/12 máis lixeiro.<ref>Treadgold (1997). Páxina 503.</ref><ref>Hendy (1985). Páxina 507.</ref> Para distinguir as dúas variedades, pasou a denominarse ''[[Nomisma|histamenon nomisma]]'' ao nomisma estándar. Algúns [[Investigación|investigadores]] [[Numismática|numismáticos]] teñen apuntado a posibilidade de que esta redución lle conferise ao nomisma un peso semellante ao do [[dinar]] fatimida, para facilitar o seu uso no comercio internacional. O ''tetarteron'' foi usado ata [[1092]], cando foi substituído por unha moeda de [[cobre]] do mesmo nome que circulou ata mediados do século XIII.<ref>Alfaro Asíns, C. et al. (2009). "Nomisma (2)", "Nomisma histamenon" e "Nomisma tetarteron".</ref>
 
Se o nomisma "pesado" e o nomisma "lixeiro" tiñan nos seus inicios unha mema aparencia, baixo [[Basilio II]] ([[976]]-[[1025]]) caracterizaron na súa forma as súas diferenzas: mentres que o ''tetarteron nomisma'' pasou a ter un tamaño menor, o ''histamenon nomisma'' fíxose máis grande e máis groso. Baixo o [[Lista de emperadores bizantinos|emperador]] [[Constantino VII]] ([[1025]]-[[1028]]) ampliáronse as diferenzas: o tetarteron pasou a ter un diámetro de 18 [[mm]] e un peso de 3,98 gramos, mentres que o ''histamenon'' alcanzou un diámetro de 25 mm e adquiriu unha forma cóncava, denominada "[[scyphate]]" (o nomisma orixinal, previo á diferenciación, tiña un diámetro de 20 mm). Esta peculiar forma foi ampliada posteriormente ás moedas bizantinas de [[electro]] ([[aliaxe]] de ouro e prata) e de [[billón]] (aliaxe de prata e cobre). Ata o comezo do [[século XI]], o nomisma (tanto o ''histamenon'' coma o ''tetarteron'') mantivo unha pureza case uniforme, cun contido de ouro de entre 23 e 23,5 quilates. A partir do emperador [[Miguel IV]] ([[1034]]-[[1041]]), nado nunha familia de cambistas en [[Paflagonia]] (e que exerceu este oficio antes de casar coa emperatriz [[Zoe]]), houbo unha desvalorización progresiva da moeda bizantino, debida á diminución do seu contido en ouro.<ref>Kazhdan (1991). "Michael IV Paphlagon". Páxina 1.365.</ref> Dunha pureza de 21 quilates (87,5 % de pureza) con [[Constantino IX]] ([[1042]]-[[1055]]), baixou a 18 quilates (75 % de pureza) con [[Constantino X Ducas|Constantino X]] ([[1059]]-[[1067]]), a 16 quilates (66,7% de pureza) con [[Romano IV Dióxenes|Romano IV]] ([[1068]]-[[1071]]), a 14 quilates (58 % de pureza) con [[Miguel VII Ducas|Miguel VII]] ([[1071]]-[[1078]]), a 8 quilates (pureza do 33 %) baixo [[Nicéforo III]] ([[1078]]-[[1081]]) e preto de 0 quilates durante a primeira parte do reinado de [[Aleixo I Comneno|Aleixo I]] ([[1081]]-[[1118]]).
 
O termo [[besante]] (do [[Lingua francesa|francés antigo]]: ''besant'') utilizouse en [[Europa Occidental]] durante a [[Idade Media]], sobre todo entre os [[Século X|séculos X]] e [[XIII]], para designar varias [[Moeda|moedas]] de [[Oriente Medio|orientais]] e da [[Conca do Mediterráneo|área mediterránea]], de ouro, derivadas do sólido bizantino e do nomisma, entre elas o [[hyperpyron]].
Liña 42:
=== O hiperpyron ===
{{Artigo principal|Hyperpyron}}
[[Ficheiro:Hyperryron-Manuel I-sb1965.jpg|dereita|miniatura|[[Hyperpyron]] de [[Manuel I Comneno]], cuñado nun disco cóncavo ("[[scyphate]]")]]
Durante a segunda parte do seu reinado, Aleixo I procedeu a unha reforma radical do sistema monetario. O nomisma desaparece nas súas dúas variedades (''histamenon'' e ''tetarteron'') e substitúese por unha nova moeda de ouro, o hyperpyron, cunha pureza do 90 %, un peso de 4,45 gramos e un diámetro lixeiramente menor co do vello nomisma.<ref>Alfaro Asíns, C. et al. (2009). "Hyperpyron".</ref>
 
Liña 184:
* Grierson, P. ''Byzantine coinage''. Dumbarton Oaks. 1999. ISBN 978-0-88402-274-9
 
* Hendy, M. ''Studies in the Byzantine Monetary Economy c.300-1450''. Cambridge University Press, 1985. ISBN 0-521-24715-2
* Hendy, M. ''The economy, fiscal administration and coinage of Byzantium''. Londres, 1989. ISBN 0860782530
* Jerphagnon, L. ''Les Divins Césars.'' Pluriel Fayard. París, 2007. ISBN 978-2-818-50234-1