Manuel Murguía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 29:
[[Ficheiro:Santiago 16-06b Murguía, no Cantón de San Bieito.JPG|miniatura|esquerda|Placa na casa na que viviu en Santiago.]]
 
A partir de [[1845]] comezou a estudar bacharelato na universidade, concluíndo o bacharel en filosofía en [[1850]], e ó mesmo tempo o preparatorio de farmacia, que iniciou por desexo do pai. Mais Murguía tivo moi claros os seus gustos, e así, o interese pola literatura e a historia fixérono abandonar a carreira para dedicarse plenamente ao seu labor de escritor e investigador. Nestes anos a vida cultural de Santiago xiraba no contorno do "[[Liceo de la juventud|Liceo de la Juventud]]", onde se daban cita estudantes e intelectuais como [[Eduardo Pondal]], [[Aurelio Aguirre]] e [[Rosalía de Castro]].
 
Murguía relacionouse en [[Madrid]], onde se trasladara en 1850 para estudar Farmacia, con intelectuais como os irmáns Valeriano e [[Gustavo Adolfo Bécquer]], Alejandro Chao. En [[1854]] Murguía publicou o seu primeiro texto en galego, o 1 de xuño, no álbum de [[Elena Avendaño]], unhas seguidillas tituladas a "Nena das Soidades". En 1855 publica, por entregas, a súa primeira novela ''Desde el cielo''. Murguía seguiu colaborando en xornais e revistas madrileñas da época como ''La Iberia'' e ''Las Novedades'', nos que acadou moito éxito -o que lle permitiu publicar folletíns con obras como "Mientras Duerme", "Mi madre Antonia", "El Ángel de la Muerte" e "Los Lirios Blancos".