Baia de Mérida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 20:
Logo o xuíz pagán mandou que a mallasen con varas de ferro e que sobre as súas feridas colocasen tochas acesas. A fermosa cabeleira de Baia prendeu e a rapaza morreu queimada e afogada polo fume.
 
O poeta Prudencio disque ao morrer a santa, a xente viu unha branquísima pomba que voaba cara o ceo, e que os verdugos fuxiron, cheos de pavor e de remordemento por ter matadomatar unha criatura inocente. A neve cubriu o cadáver e o chan do redor, até que varios días despois chegaron uns cristiáns e lle deron honrosa sepultura ao corpo da moza mártir. Alí no sitio da súa sepultura ergueuse un templo de honra a Santa Baia, e di o poeta que el mesmo viu que a ese templo chegaban moitos peregrinos a pregar ante os restos de tan valente rapariga e a conseguir por medio de ela moi notábeis favores de Deus.
 
O culto de Santa Baia fíxose tan popular que [[Agostiño de Canterbury|santo Agostiño]] fixo sermóns en honra desta nova santa. E na moi antiga lista de mártires da Igrexa Católica, chamada de "Martiroloxio romano", hai esta frase: "o 10 de decembro, conmemórase a Santa Baia, mártir de España, morta por proclamar a súa fe en Xesús Cristo".