Lingua nheengatu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
| mapa =
}}
A '''lingua nheengatu''' é unha lingua indíxena de América da familia [[Linguas tupí-guaranís|tupí-guaraní]]. O nome da lingua deriva das palabras ''nheen'' (que quere dicir "lingua" ou "falar") e ''gatu'' (que quere dicir "bo").<ref name=Parlons>{{cita libro|apelido=Alves Jr|nome=Ozias|título=Parlons Nheengatu: Une langue tupi du Brésil|ano=2010|editor=L'Harmattan|localización=París|isbn=978-2-296-13259-7|url=https://books.google.com/books?id=JUPtyqY7hHkC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false}}</ref> É a variedade da [[lingua tupí]] que aínda sobrevive, sendo falada por preto de 19&nbsp;000 persoas da rexión do curso alto do [[Río Negro, río Amazonas|río Negro]] no estado [[Brasil|brasileiro]] do [[Estado do Amazonas, Brasil|Amazonas]], así como nas áreas limítrofes de [[Colombia]] e [[Venezuela]].
 
Durante os séculos XVI e XVII o nheengatu a variedade máis crioula desta lengua converteuse en [[lingua franca]]. Esta forma crioula foi estandarizada polos [[xesuítas]] con base no [[lingua tupinamba|tupinamba]]. Nesta variante crioula, o nheengatu foi a principal lingua usada polos colonizadores até que o goberno de [[Portugal]] insistiu en que a lingua de colonización debía ser o [[lingua portuguesa|portugués]] e non o nheengatu. No seu auxe a comezos do [[século XVIII]], chegou a ser a lingua dominante do Brasil, sendo falada non só por indíxenas e misioneiros, senón tamén por colonos de sangue europeo e escravos africanos.