Postestruturalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 1:
O termo '''postestruturalismo''' describe unha variedade de investigacións, realizadas principalmente en [[Francia]], que emerxeron de mediados a finais dos [[Década de 1960|anos 1960]] para pór en cuestión a primacía do estruturalismo nas ciencias humanas: [[antropoloxía]], [[historia]], [[socioloxía]], [[crítica literaria]] e [[filosofía]], ademais da [[Psicanálise|psicanálise.]]. O termo non é orixinario das investigacións mesmas, senón dos anglofalantes que as estudaron posteriormente.
 
O termo é problemático porque as relacións entre os traballos dos académicos xeralmente catalogados como postestruturalistas (quen case por regra xeral non se identifican desa maneira) son debatidas, e non existe un grupo de traballos ó que todos se refiran como doutrina común (a diferenza do estruturalismo, no que o traballo de [[Claude Lévi-Strauss]] era unha referencia común). O postestruturalismo quizais atope substancia no feito de que moitos dos seus traballos prominentes foron desenvolvidos por autores próximos ó estruturalismo, e máis substancia aínda no feito de que moitos destes traballos son intentos de recrear posicións estruturalistas cuxas limitacións transformaron a tantos estruturalistas en críticos do mesmo.
 
Tres dos máis prominentes postestruturalistas eran tamén do "grupo do tres" estruturalistas por excelencia: [[Jacques Lacan]], [[Roland Barthes]] e [[Claude Lévi-Strauss|Claude Lévi-Strauss.]]. [[Jacques Derrida]], [[Gilles Deleuze]] e [[Julia Kristeva]] son tamén considerados como postestruturalistas prominentes.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Filosofía]]