A Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 456:
 
==== A Coruña ====
[[Gonzalo Navaza]] defende que o [[topónimo]] '''A Coruña''' naceu no século XIII. En [[1208]] o rei de [[Reino de Galicia|Galicia]] e [[Reino de León|León]] [[Afonso IX]] fixo concesión dunha carta foral á veciñanza de '''Faro''', nome da vila, que substituíra anteriormente a '''Brigantium'''. Nesa época as motivacións dos reis para elixiren un novo topónimo debíanse a criterios augurais ou de prestixio. O topónimo aparenta ser o que aparece rexistrado na carta foral en [[latín]] como '''Crunia''', aparentemente tomado da ''Historia Turpini'', o libro {{versaleta|IV}} do ''[[Códice Calixtino]]''.<ref name=":0" />
 
Porén, [[Fernando Cabeza Quiles]] defende que o topónimo podería vir dunha raíz indoeuropea *''k-r'' 'pedra', 'rocha', en alusión ás características rochosas do contorno da [[Torre de Hércules]], torre construída sobre unha pena ou unha rocha. Tampouco se pode desbotar a hipótese de que derive dun substantivo celta igual ou parecido ao de *''clunia'' 'pradería', 'lugar húmido', 'fonte', topónimo similar ao francés [[Cluny]].<ref>{{versaleta|[[Fernando Cabeza Quiles|Cabeza Quiles, F.]]}} (2008): ''Toponimia de Galicia''. Vigo. Galaxia. ISBN 978-84-9865-092-1.</ref>