Ártico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
m fecho paréntese
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 3:
[[Ficheiro:Arctica surface.jpg|miniatura|200px|dereita|Imaxe de satélite]]
 
O '''Ártico''' (do [[grego antigo|grego]] ἄρκτος "oso, osa", en referencia á [[constelación]] da [[Osa Menor]] á que pertence a [[Estrela Polar]]) é a rexión que rodea o [[Polo Norte]] da [[Terra]]. Inclúe partes de [[Canadá]], [[Groenlandia]] (que é un territorio [[Dinamarca|dinamarqués]]), [[Noruega]], [[Suecia]] e [[Finlandia]], así como o [[océano Ártico]].
 
Existen numerosas definicións da rexión ártica. Considérase xeralmente que o seu límite está ao norte do [[Círculo Polar Ártico]] (66° 33’N), que é o límite do [[sol de medianoite]] e a [[noite polar]]. Outras definicións baséanse no [[clima]] e a [[ecoloxía]], como a [[isoterma]] 10 °C de xullo, que tamén corresponde aproximadamente coa liña de árbores na maior parte do Ártico. Socialmente e politicamente, a rexión ártica inclúe os territorios setentrionais de oito estados, incluíndo [[Laponia (rexión)|Laponia]], aínda que, segundo as definicións científicas, moito deste territorio é realmente [[subártico]].