Deporte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Máis de es.wiki
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:Football iu 1996.jpg|miniatura|O [[fútbol]] é un deporte moi popular en moitas partes do mundo.]]
O '''deporte''' é unha actividade física, lúdica e mental que está suxeita a unha serie de determinadas regras. Algúns deportes practícanse con vehículos. Neste caso é máis importante a destreza e a concentración que a actividade física. Xeralmente practícase un deporte para divertirse, mais existen [[competición]]s nas que os deportistas xogan para ver quen é o mellor. Os deportes poden ser colectivos ou individuais: nos colectivos, xógase en equipo, e nos individuais, xoga unha persoa contra outra (ou outras).
 
É posíbel que os deportes nacesen na prehistoria, aínda que isto non está demostrado. O que si está demostrado é que moitas [[civilización antiga|civilizacións antigas]] practicaban deportes, como a [[azteca]], a [[Exipto|exipcia]], a [[Grecia|grega]], a [[China|chinesa]], a [[Aborixe australiano|aborixe australiana]], ou a [[Imperio Romano|romana]]. De feito, os [[Xogos Olímpicos]] teñen a súa orixe na cidade [[Olimpia]] da antiga [[Grecia]].
 
[[Ficheiro:Football iu 1996.jpg|miniatura|O [[fútbol]] é un deporte moi popular en moitas partes do mundo.]]
== Historia ==
Existen utensilios e estruturas que suxiren que os chineses xa realizaban actividades deportivas no ano 4000&nbsp;a.&nbsp;C.<ref>{{Cita web|título = Sports History of China|url = http://chineseculture.about.com/library/weekly/aa032301a.htm|dataacceso = 8 de xuño de 2015}}</ref> A ximnasia parece que foi un deporte popular na antiga China.
 
Os monumentos aos emperadores indican que unha certa cantidade de deportes, incluíndo a [[natación]] e a [[Pesca deportiva|pesca]], foron xa deseñados e regulados hai miles de anos no [[Antigo Exipto]].<ref name="repetida_1">{{Cita web|título = State Information Services Ancient Egyptian Sport|url = http://www.sis.gov.eg/En/Templates/Articles/tmpArticles.aspx?CatID=733|obra = www.sis.gov.eg|dataacceso = 8 de xuño de 2015}}[https://web.archive.org/web/20061029232515/http://www.ioa.leeds.ac.uk/1980s/84085.htm History of Sports in Ancient Egypt]</ref> Outros deportes exipcios inclúen o [[lanzamento de xavelina]], o [[salto de altura]] e la [[loita (deporte)|loita]]. Algúns deportes da [[Persia|antiga Persia]] como a [[arte marcial]] iraniana de [[Zourkhaneh]] están ligados ás habilidades na batalla.<ref name="repetida_2">{{Cita web|título = News Kuwait Information|url = http://www.kuwait-info.com/newsnew/NewsDetails1.asp?id=78319&dt=10/13/2006&ntype=World|obra = www.kuwait-info.com|dataacceso = 8 de xuño de 2015|urlarquivo = https://web.archive.org/web/20070326081959/http://www.kuwait-info.com/newsnew/NewsDetails1.asp?id=78319&dt=10%2F13%2F2006&ntype=World|dataarquivo= 26 de marzo de 2007}}</ref> Entre outros deportes orixinarios de Persia están o [[polo (deporte)|polo]] e a [[xusta náutica|xusta]]. Por outra banda, en América as culturas mesoamericanas como os [[maias]] practicaban o xogo de pelota, que á súa vez era un ritual.
 
Unha ampla variedade de deportes estaban xa establecidos na época da [[Antiga Grecia]], e a cultura militar e o desenvolvemento dos deportes en Grecia influíronse mutuamente. Para os gregos o deporte era unha parte moi importante da súa cultura, polo que crearon os [[Xogos Olímpicos]], competición que se disputou dende o ano 777 a.C. ao 394 d.C., cada catro anos en [[Olimpia]], pequena poboación no [[Peloponeso]].<ref name=autogenerated1>[http://www.olympic.org/uk/games/ancient/index_uk.asp International Olympic Committee – Olympic Games]</ref>
 
Os deportes viron aumentada a súa capacidade de organización e regulación dende os tempos da Antiga Grecia ata a actualidade. A [[industrialización]] incrementou o tempo de lecer entre a cidadanía nos [[países desenvolvidos]], conducindo a unha maior dedicación do tempo para ver competicións deportivas e máis participación en actividades deportivas, facilitada por unha maior accesibilidade a instalacións deportivas. Estas pautas continuaron coa chegada dos [[medio de comunicación de masas|medios de comunicación de masas]]. Na actualidade, moitas persoas fan exercicio para mellorar a súa [[saúde]] e modo de vida. O deporte considérase unha actividade saudable que axuda a manterse en forma psicolóxica e fisicamente, especialmente na [[terceira idade]].
 
== Deporte profesional ==
O aspecto de entretemento do deporte, xunto ao crecemento dos [[medio de comunicación|medios de comunicación]] e o incremento do tempo de lecer, provocaron que se profesionalice o mundo do deporte. Isto levou a certa polémica, xa que para o deportista profesional pode chegar a ser máis importante o diñeiro ou a fama que o propio acto deportivo. Ao mesmo tempo, algúns deportes evolucionaron para conseguir maiores beneficios ou seren máis populares, en ocasións perdéndose algunhas valiosas tradicións.
 
Esta evolución conduce a un aumento da competitividade, dado que a loita pola vitoria adquire outro significado ao incluírse tamén o apartado económico. Este aumento leva á aparición dun importante lado negativo da profesionalidade, como o uso de artimañas e [[trampa]]s como a [[dopaxe]].
 
O mundo do deporte como espectáculo move anualmente unha cantidade próxima aos 70&nbsp;000 millóns de euros,<ref>Datos de 2014</ref> entre venda de entradas, dereitos televisivos e patrocinios. Se se inclúen aqueles consumos relacionados coa práctica do deporte, como material e roupa deportivos, equipamentos, e gastos en saúde e forma física, a industria do deporte xera cada ano a nivel global preto de 600&nbsp;000 millóns de euros.<ref>{{cita web |url=https://www.atkearney.com/communications-media-technology/winning-in-the-business-of-sports |título=Winning in the Business of Sports - A. T.&nbsp;Kearney |dataacceso=16 de xuño de 2015|editorial=www.atkearney.com}}</ref>
 
== Tipos de deportes ==
Liña 50 ⟶ 66:
* [[Xadrez]]
* [[Ximnasia Rítmica]]
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==