Antigo Réxime: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Restauración de texto en francés deturpado na tradución automática.
onde?
Liña 56:
==== O caso de Galicia ====
{{VT|Historia de Galicia}}
O historiador [[Francisco Carballo]] fala de catro fases económicas en Galicia durante o Antigo Réxime:{{Cómpre referencia}}
* 1ª fase, 1500-1580: Leve expansión, beneficiada pola abertura comercial a América (desde [[1529]] dáselles o dereito comercial con América a [[Baiona]] e á [[A Coruña|Coruña]]), cun sistema agrario encadrábel nos sistemas europeos coetáneos e cunha Galicia comercial na costa e nas vías fluviais.
* 2ª fase, 1580-1630: Contracción, debida a cuestións monetarias, a causas climáticas, á perda do dereito comercial con América (retirado en [[1753]] por presións de [[Sevilla]]) e aos saqueos de [[Francis Drake|Drake]] (na [[A Coruña|Coruña]] e [[Vigo]]) e dos piratas berberiscos (en [[Cangas]]).
Liña 62:
* 4ª fase, 1753-1813: Preocupante recesión, debido ao descenso da produción agraria (aínda que parcialmente compensada polo auxe comercial a partir de 1764), á alza de prezos e descenso dos salarios reais, á emigración e ás guerras de [[Carlos IV de España|Carlos IV]].
 
Esta universidade, dotada dun número reducido de cátedras durante o reinado de [[Filipe II de España|Filipe II]], vai gañando novas cátedras co tempo e no XVIII ten Artes, Teoloxía, Canons, Medicina, Leis, Anatomía e Matemáticas. A lingua das aulas universitarias era o [[latín]], despois sumáselle tamén o [[lingua castelá|castelán]], mais sen acceder o [[lingua galega|galego]]. A dita Universidade dependía do Arcebispo e do Cabido, até secularizarse no XVIII. O certo foi que os xesuítas buscaban unha universidade propia en Monterrei e Monforte (non o conseguindo), e algo similar facían os monxes nalgúns mosteiros e os mendicantes dominicos, e resultou que houbo máis intelectuais dos centros monásticos e conventaisconventuais que da propia Universidade durante o Antigo Réxime.
 
A incorporación de novos cultivos vidos de América, o [[millo]] contra [[1630]], e máis serodiamente a [[pataca]] (tubérculo que se estenderá por toda Galicia a partir de [[1770]] en substitución das [[castaña]]s, que antes se comían a diario), produce unha fonda transformación agrícola, debido a que estes cultivos se adaptaron moi ben e melloraron a alimentación da poboación. Consecuencia directa será unha explosión demográfica precoz. A poboación galega duplicouse entre mediados do século XVI e a metade do século XVIII. O modelo demográfico galego resulta ser enormemente orixinal con permanencia no tempo das fases alcistas. Deste xeito, a mediados do [[século XVIII]] Galicia terá 44 habitantes por quilómetro cadrado fronte aos 18 de Castela.