Adopción: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo
Liña 33:
== A creación do vínculo ==
[[Ficheiro:Vajilla.jpg|miniatura|250px|Hora do almorzo nun orfanato]]
A teoría do apego foi orixinalmente formulada polo [[Psicanálise|psicanalista]] [[Gran Bretaña|británico]] [[John Bowlby]], do Instituto Travistock de [[Londres]], que supón que o estreito vínculo que se establece entre entre o bebé e o seu coidador é o resultado dun desexo, de base puramente biolóxica, de manter a proximidade. As observacións de Bowlby suxiren unha relación causal entre a calidade do vínculo de apego e as psicopatoloxías na idade adulta. En xeral un vínculo de apego seguro durante a infancia fomenta a confianza en si mesmo, a autoestima e a habilidade para adaptar o comportamento á situación<ref>Carrera Guermeur, Olaia. ''Apego y Anorexia Nerviosa: manipulación de las experiencias tempranas y desempeño en el procedimiento experimental de Anorexia Basada en la Actividad''. Tese de doutoramento. Univ. Santiago de Compostela.</ref>. Un vínculo de apego inseguro non facilita a confianza en si mesmo, dificulta o proceso de individualización e crea personalidades dependentes e mesmo simbióticas.
 
Os nenos que perderon ou foron separados do seu coidador nunha etapa temperá, ou os que sufriron abusos del, con frecuencia deixan de esforzarse por establecer vínculos de apego con ninguén, debido á asociación que fan entre a vinculación e as lembranzas dolorosas. Cando se insire a estes nenos nunha nova familia poden querer aparentar que non teñen necesidade de contacto humano, e mesmo poden fuxir del.