Abrir o menú principal

Cambios

m
sen resumo de edición
Pardo Bazán consideraba o galego como unha lingua popular, estreitamente ligada á terra e ao fogar.
 
{{Cita|Cun acento grato e fresquísimo que impensadamente se nos sobe aos beizos cando necesitamos balbucir unha frase amante, arrolar a unha criatura, lanzar un festivo epigrama, exhalar un ai! de pena... Sempre sentimos a proximidade do dialecto... coa súa calor de fogar|''De mi tierra''}}
 
Tamén se referiu ás obras de escritores galegos contemporáneos do [[Rexurdimento]] como [[Rosalía de Castro]], chegando a dicir que "''os poetas fan falar aos labregos''". A escritora comentou a poesía de Rosalía en ''[[Follas Novas]]'' dicindo o seguinte:
==== ''Revista de Galicia'' ====
[[Ficheiro:Emilia Pardo Bazán 1894.jpg|miniatura|Fotografía dedicada a [[Eduardo Pondal]] 1894.]]
A publicación da ''[[Revista de Galicia (1880)|Revista de Galicia]]'' (1880), revista creada e dirixida por Pardo Bazán na que se achega por primeira vez ao xornalismo, constituíu unha ponte a partir da cal moitos dos seus paisanos [[rexionalismo galego|rexionalistas]] puideron participar publicando os seus traballos. Entres estes atopábanse [[Alfredo Brañas]], [[Curros Enríquez]], [[Salvador Golpe]], [[Aureliano J. Pereira]], [[Pérez Ballesteros]], [[Juan Antonio Saco]], e [[Ramón Segade Campoamor]], colaboradores que representaban unha gran parte do movemento intelectual que quería sacar do esquecemento os valores de [[Galicia]] a tódolos niveis e dende distintos presupostos ideolóxicos. AsemadeAsí mesmo, Pardo Bazán pretendía coa revista erguer a Galicia da súa prostración intelectual e cultural na que se atopaba a finais do [[século XIX]].<ref name= BCervantesV>[http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/p211/13593620212460839622202/p0000001.htm La Revista de Galicia de Emilia Pardo Bazán (1880)]</ref>
 
Na revista aparecía o galego canda o castelán como lingua de uso entre os colaboradores. A propia Pardo Bazán faría recensións de artigos escritos en galego como ''Saudades gallegas'' de [[Valentín Lamas Carvajal]], nas cales expresaría algunhas cuestións ligadas co galego como lingua literaria.<ref name= BCervantesV/>
== Feminismo ==
[[Ficheiro:Monumento a Pardo Bazán (2016).JPG|miniatura|[[Monumento a Emilia Pardo Bazán|Conxunto escultórico en memoria da escritora]] nos [[Xardíns de Méndez Núñez]], [[A Coruña]].]]
Pardo Bazán foi das primeiras españolas en amosar inquedanzas no campo dos dereitos da muller, consciente de que unha das principais causas da posición inferior das mulleres radicaba na ignorancia que impoñía o sistema [[patriarcado|patriarcal]]. Publicou varios artigos nos cales denunciou o sexismo predominante en [[España]] e onde suxeriu cambios a prol da muller, comezando coa posibilidade dunha educación semellante á que recibía o home do seu tempo.
 
{{Cita|A educación da muller non pode chamarse tal, senón doma, pois proponse por fin a obediencia, a pasividade e maila submisión.|Emilia Pardo Bazán}}
{{Cita|Desgraciadamente en España, a disposición que autoriza a muller para recibir igual ensinanza có home ..é letra morta nos costumes... As que permiten á muller estudar unha carreira e non exercela son leis inicuas. (''La educación del hombre y de la mujer'')|Emilia Pardo Bazán}}
 
A escritora galega fundou en [[1892]] a publicación ''La Biblioteca de la mujer''. Asistiu a congresos como o Congreso Pedagógico, onde denunciou a desigualdade educativa entre o home e a muller. Aínda consciente do sexismo dentro dos círculos intelectuais, propuxo a [[Concepción Arenal]] á Real Academia de la Lengua, sendo rexeitada; tampouco aceptaría esta a [[Gertrudis Gómez de Avellaneda]] nin a ela (foi rexeitada tres veces, en 1889, en 1892 e en 1912), por máis que en [[1906]] chegou a ser a primeira muller en presidir a Sección de literatura do Ateneo de Madrid e a primeira en ocupar unha cátedra de literaturas neolatinas na Universidade Central de Madrid, aínda que só asistiu un estudante á súa clase.
 
== Obra ==
Pardo Bazán foi unha das escritoras españolas máis eminentes do [[século XIX]]. Malia ser coñecida principalmente como [[novela|novelista]], escribiu máis de 500 obras empregando unha variedade de [[xénero literario|xéneros literarios]].
Unha das súas maiores achegas á literatura foi o feito de espallar o movemento literario do [[naturalismo]] en [[España]]. AsemadeAsí mesmo, a escritora galega foi unha das primeiras feministas do seu tempo.
 
=== Influencia galega ===
Alén da influencia que, sen dúbida, exerceu o seu amplo coñecemento das literaturas estranxeiras nas súas obras, a presenza do folclore e a [[cultura popular]] galega faise patente no seu abondoso uso de fontes folclóricas e populares. Deste xeito aparecen nalgunhas das súas obras personaxes populares e ancestrais como as [[meiga]]s, as mouras, as menciñeiras, os mendigos, os [[trasgo]]s, os peregrinos, a fermosa muiñeira, o gaiteiro sedutor, a rapaza aldeá casadeira, que confía en conxuros para conseguir un bo marido, os aparecidos, as ánimas en pena etc. AsemadeAsí mesmo, a escritora tamén empregou diversas tradicións, crenzas como as premonicións, os ouveos dos cans ventando a morte, os [[meigallo]]s, o [[lobishome]], o mal de ollo, ou o poder dos talismáns e amuletos, crenzas vencelladas co mundo da maxia e do sobrenatural e sobre todo co [[A morte na cultura popular galega|culto á morte na cultura popular galega]]. Tamén fixo referencia a distintos remedios populares como as distintas apócemas coas que se pretendían sandar múltiples doenzas.<ref name= Folkloregallego/>
Nas súas obras aparecen a miúdo reflectidos aspectos tradicionais da sociedade galega do seu tempo. Deste xeito aparece a organización social semi-feudal do agro galego, o [[caciquismo]], a miseria e dureza da vida campesiña, a emigración e o conseguinte desarraigamento das súas xentes. Como [[feminismo|feminista]] que era, a autora tratou o papel da muller galega na sociedade matriarcal rural.<ref name= Folkloregallego/>
 
=== Ensaio e crítica ===
Lectora dos clásicos [[España|españois]], interesouse polas novidades literarias estranxeiras. Deuse a coñecer como escritora por vez primeira co ''Estudio crítico de las obras del padre Feijoo'' (1876), co que gañou un premio, competindo nese certame coa tamén [[Galicia|galega]] [[Concepción Arenal]]. AsemadeAsí mesmo, da súa obra ensaística destaca ''La revolución y la novela en Rusia'' (1887), ''Polémicas y estudios literarios'' (1892) e ''La literatura francesa moderna'' (1910), nas que se amosa atenta ás novidades de finais de século na [[Europa]] de xacando.
 
* ''Estudio crítico de las obras del padre Feijoo'' ([[1876]]). Ensaio que escribe co gallo do centenario da morte do [[padre Feijoo]] e no que se dá a coñecer como escritora.
8.459

edicións