Dereito de pernada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
xamán
Liña 60:
É patente a semellanza con certos [[Mitoloxía grega|mitos clásicos gregos]] nos que os deuses abusan sexualmente dos humanos, sen que iso supuxese, necesariamente, unha ''humillación''. De feito, a miúdo, os fillos que resultaban destas unións eran ''heroes'' (no sentido etimolóxico da palabra: ἥρως, é dicir, [[semideus]]es, non necesariamente virtuosos), e permitían a certas estirpes ilustres defender a súa ascendencia divina. De todos coñecido é que a familia de [[Xulio César]] (a [[dinastía Xullo-Claudia]]) pretendía descender da deusa [[Venus (deusa)|Venus]] a través de [[Eneas]] o [[troiano]].<ref>[[Suetonio|Caius Suetonius Tranquillus]]: ''De vita Caesarum''. [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/L/Roman/Texts/Suetonius/12Caesars/Julius*.html Divus Julius, 6].</ref>
 
Algúns [[Literatura grega|escritores clásicos]] poderían referirse a este suposto ''dereito da primeira noite'', por exemplo [[Heródoto]] ([[século -IV|século IV adCa.C.]]) no seu [[Historias (Heródoto)|4º Libro sobre a Historia]] ([[s:é:Os nove libros da Historia: Libro IX|epígrafe CLXVIII]]), relata certos feitos acerca da tribo líbica dos Adirmáquidas, dos que se dicía que era costume ''«presentar ao rei todas as doncelas que están para casar, e se algunha lle agrada, el é o primeiro en coñecela»''. Outro [[filosofía grega|filósofo grego]], [[Heráclides Póntico]] ([[século -IV|século IV&nbsp;a.&nbsp;C.]]) fálanos do goberno despótico da illa de [[Cefalonia]], cuxo tirano esixía ser o primeiro en xacer coas noivas o día da súa voda.
 
O [[Roma Antiga|romano]] [[Valerio Máximo]] ([[século I]]) describe un dos presuntos costumes impostos na revolta de escravos de [[Orvieto|Volsini]]: ''«Ningún home libre poderá casar cunha doncela que non sexa desflorada previamente por un escravo»'' <ref>([http://www.thelatinlibrary.com/valmax9.html#1.ext.2 Libro Noveno, Capítulo 1 Exempla externa 2]).</ref>