Xosé I de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Primeiros anos: arranxiños
m →‎Primeiros anos: arranxiños
Liña 50:
Xulia e Xosé casaron o [[1 de agosto]] de [[1794]] na localidade de [[Cuges-les-Pins]], no departamento de [[Bocas do Ródano]].<ref name=H/><ref name=LL>Lindwall, Lilly (1919): ''Desideria. Bernadotternas anmoder''. Stockholm. Åhlén och Åkerlunds Förlag.</ref>
 
Tras o casamento a parella instalouse en [[Xénova]], onde Xosé Bonaparte, xurista de profesión, traballou como avogado. A súa vida tranquila en Italia, que tanto agradaba a Xulia, sería breve, xa que Napoleón se apoiaría no seu irmán para a realización das súas ambicións políticas. Durante as [[Guerras Napoleónicasnapoleónicas]] a responsabilidade de Xosé Bonaparte acrecentouse. En [[1796]] tomou parte na campaña de Napoleón en Italia. Ao ano seguinte, durante a [[Primeira República francesa]], actuou como [[diplomático]], primeiro na corte de [[Parma]] e despois en [[Roma]].<ref name=H/><ref name=LL/><ref name=A>Almén (1893), p. 79.</ref> Foi membro do [[Consello dos Cincocentos]], o órgano lexislativo inferior na época do [[Directorio (Francia)|Directorio]], en [[1798]].
 
Mentres que a carreira política de XoséoXosé alcanzaba cotas cada vez máis altas, Xulia esforzábase en crear unha familia afastada do poder e da política internacional. En [[1796]] nacería a primeira filla do matrimonio, Xulia, que falecería aos poucos meses do parto. Cinco anos despois, en [[1801]], naceu a súa segunda filla, Zenaida, que chegaría a ser [[infanta de España]] e incluso, segundo algúns historiadores, [[Príncipe de Asturias|princesa de Asturias]], ao ser a filla maior dos reis. En [[1802]] Xulia Clary daría a luz a súa terceira e última filla, Carlota, que chegaría a ser, aínda que por pouco tempo, [[Reino de Holanda|raíña de Holanda]], xa que casou co seu primo o príncipe [[Napoleón Luís Bonaparte]], fillo de [[Luís Bonaparte]].<ref name=H/><ref name=TP/>
 
[[Ficheiro:Jacques-Louis David, The Coronation of Napoleon edit.jpg|miniatura|200px|esquerda|''A coroación de Napoleón''.]]