Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/entanto,%20no
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 78:
=== Período precolonial ===
[[Ficheiro:Map of indigenous peoples of Brazil (16th C.).jpg|miniatura|Os pobos indíxenas cara ao [[século XVI]].]]
No momento da chegada ás costas do Brasil por parte dos [[Portugal|portugueses]], da man de [[Pedro Álvares Cabral]], no ano [[1500]], estímase que a costa oriental de [[América do Sur]] estaba habitada por ao redor de dous millóns de indíxenas. A [[Pobos indíxenas de América|poboación amerindia]] estaba repartida en grandes nacións indíxenas compostas por varios grupos étnicos, entre os cales destacaban os grupos tupí-guaraní, macro-jê e arauaco. Os primeiros, por exemplo, estaban subdivididos entre os [[pobo guaraní|guaranís]], os [[pobos tupís|tupís]] e os tupinambás[[Pobo tupinamba|tupinambas]], entre moitos outros. Precisamente foron os tupís a primeira etnia indíxena que tivo contacto cos colonizadores, sendo o seu territorio o comprendido entre os actuais Estados de [[Río Grande do Sur]] e [[Río Grande do Norte]].<ref name="ME">{{Cita web|editor=Mundo Estranho|url=http://mundoestranho.abril.com.br/materia/que-indios-dominavam-o-litoral-do-brasil-na-epoca-do-descobrimento|título=Que índios dominavam o litoral do Brasil na época do Descobrimento?|autor=Marsiglia, Luciano}}</ref>
 
Os portugueses atoparon aos nativos aínda na [[Idade de Pedra]] e divididos en varías tribos que constantemente loitaban entre si. As fronteiras entre estes grupos indíxenas, antes da chegada dos europeos, xurdían por mor de distintas guerras entre eles, xurdidas por mor das diferenzas culturais e lingüísticas. Estas guerras abarcaban accións bélicas a grande escala, tanto en terra como na auga, coa [[Canibalismo|antropofaxia ritual]] sobre os prisioneiros de guerra. O territorio que hoxe pertence a Brasil, ademais do restante de [[América do Sur]], porén, estaba xa dividido entre dúas potencias europeas, [[Portugal]] e [[Coroa de Castela|Castela]], antes aínda do seu descubrimento oficial. O [[Tratado de Tordesillas]], asinado en [[1494]], foi un importante acordo para a definición das futuras fronteiras, que dividía o continente de norte a sur, dende o actual estado do [[Pará]] até a cidade de Laguna en [[Santa Catarina, Brasil|Santa Catarina]], sendo posteriormente bastante alterada coa expansión portuguesa cara ao oeste.