Salvador, Baía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
 
== Historia ==
A historia urbana de Salvador deu inicio coa chegada de europeos ao territorio dos [[Pobo tupinamabatupinamba|tupinambas]] en dita baía. En concreto foi un naufraxio en 1510 o que trouxo os primeiros colonos ó lugar, sinaladamente o portugués Diogo Álvares Correia, que os indios chamaron Caramurú e que se integrou entre eles. En 1535 coa súa muller, a india Catarina Paraguaçu convertida ao catolicismo, erixiron a Capela de Nossa Senhora de Graça preto de onde vivían e no ano seguinte arribou o primeiro ''donatario'' pola coroa portuguesa da Capitanía da Bahia, Francisco Pereira quen, coa súa axuda ante os indíxenas, fundou un primeiro asentamento naquel sitio, a ''Vila de Pereira'' <ref>''Mapa da localización da Vila do Pereira (Vila Velha despois de 1549) na Baía de Todo-los Santos'' [http://4.bp.blogspot.com/-FeF144oJvNg/TjKQl9wUvSI/AAAAAAAAFGQ/uZk3OiPt0QA/s1600/OS%2BLIMITES%2B%25C3%2589%2BO%2BRIO%2BDOS%2BSEIXOS.png]</ref> na boca da baía (barrio de Barra, uns dous quilómetros ao sur da fundación posterior), a carón do Alto de San Antonio con porto na pequena enseada costeira, erguendo o chamado Castelo de Pereira. En 1545 os [[Pobo tupinamabatupinamba|tupinambas]] arrasaron o poboado.
 
=== Fundación como capital da colonia ===