Carlos Baliñas Pérez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
dialnet
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Criouse en [[Vigo]], [[Santiago de Compostela]], [[Barcelona]], [[Madrid]] e novamente Santiago de Compostela, seguindo a traxectoria profesional do seu pai [[Carlos Baliñas Fernández]]. Estudou na [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde se licenciou en [[Historia Medieval]] en 1984 e se doutorou en 1990.
 
Foi bolseiro do [[Consello da Cultura Galega]] (1986-87) e bolseiro de investigación da [[Xunta de Galicia]] (1987-88). No 1992 exerceu como profesor -bolseiro visitante da British Academy. En 1988 comezou a traballar como docente e investigador no [[campus de Lugo]] da USC, como profesor axudante de Historia Medieval (1988-93), converténdose en Profesor Asociado (1996-99) e dende 1999 en Profesor Titular. Foi secretario e vicedecano da [[Facultade de Humanidades de Lugo]] (2000-2003).