Fernando de Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado referencias
engado caixa e imaxe
Liña 1:
{{enuso}}{{Biografía}}'''Fernando de Santiago e Díaz de Mendívil''', nado en [[Madrid]] o [[23 de xullo]] de 1910 e finado, tamén en Madrid, o [[6 de novembro]] de [[1994]], foi un [[militar]] [[España|español]], destacado durante os últimos anos do franquismo que chegou a ser [[Presidente do Goberno de España|presidente interino do Goberno de España]] en xullo de 1976.
 
== Traxectoria ==
Durante a década de 1920 participou na [[Guerra do Rif]] e, posteriormente, loitou a prol do [[Bando nacional|bando sublevado]] durante a [[Guerra civil española|Guerra Civil Española]] (1936-1939). Até o seu ascenso a tenente xeneral prestou servizos en varios postos da milicia. Xa diplomado de Estado Maior, foi profesor e, máis tarde, director da Escola Superior do Exército.
[[Ficheiro:SSJ- General de Santiago y Díaz de Mendivil (23550743420).jpg|miniatura|Tumba do xeneral de Santiago no Cemiterio de Santo Xusto de Madrid.]]
 
O 4 de marzo de 1971 sucedeu ao [[xeneral]] José María Pérez de Lema como gobernador xeral do [[Sáhara Español|Sahara Español]]. Alí, o seu primeiro traballo foi restaurar a confianza da poboación nativa no réxime colonial español, un ano despois do levantamento de Zemla (17 de xuño de 1970). Máis tarde conseguiu para o goberno saharauí una maior autonomía interna, manifestada nunha carta do [[Francisco Franco|xeneral Franco]] (20 de febreiro de 1973) na que este prometía converter en lexislativa unha institución até entón meramente consultiva como a Yemaá. O propio xeneral de Santiago transmitiu esta misión ao presidente da asemblea, Khatri Ould Said Ould Joumanien, pero non foi até despois da súa substitución polo xeneral Federico Gómez de Salazar y Nieto (24 de abril de 1974) cando se publicou un estatuto político acerca da autonomía interna do Sahara. Por entón, de Santiago pasara xa a ocupar un posto de importancia no Centro Superior de Estudos da Defensa (CESEDEN).