Nikolai Sokolov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
{{Biografía
|data_de_nacemento={{xulgregdata|3|6|1882}}<ref name="RBTH">{{cita web|url=https://www.rbth.com/arts/2015/04/18/nikolai_sokolov_the_man_who_revealed_the_story_of_the_romanov_killings_45299.html|título=Nikolai Sokolov: The man who revealed the story of the Romanov killings|lingua=inglés|data=18 de abril de 2015|dataacceso=3 de xuño de 2018|páxina-web=rbth.com}}</ref>
|data_de_nacemento={{xulgregdata|2|6|1882}}<ref>Метрическая книга Богоявленской церкви г. Мокшана Пензенской губернии за 1882 г. // Государственный архив Пензенской области, ф. 42, оп. 1, д. 113, л. 14</ref>
|coñecido_por = Investigación do [[Execución da familia Romanov|asasinato]] da familia de [[Nicolao II de Rusia]] }}
'''Nikolai Alekseievich Sokolov''', nado en [[Mokshan]], [[Imperio Ruso]], o {{xulgregdata|2|6|1882}} e finado en [[Salbris]], [[Francia]], o [[23 de novembro]] de [[1924]], foi un [[maxistrado]] [[Rusia|ruso]]. Durante a [[guerra civil rusa]] levou a cabo importantes investigacións para o [[Directorio de Omsk]], en nome do Gobernante Supremo, o almirante [[Aleksandr Kolchak]].<ref name="RBTH"/> Entre as súas investigacións destacan os [[execución da familia Romanov|asasinatos da familia imperial rusa]] e dos [[execución da familia Romanov#Os mártires de Alapaevsk|mártires de Alapaevsk]].
 
== Traxectoria ==
Sokolov naceu no seo dunha familia de mercadores de Mokshan, preto de [[Penza]],<ref name="RBTH"/> onde o seu pai era fabricante de cordas. Despois de marchar a estudar [[Dereito]]<ref name="RBTH"/> en [[Kharkov]], converteuse en xuíz de instrución para os asuntos extraordinarios.
 
Trala [[revolución de Outubro]], rexeitou servir ao novo réxime, e marchou á cidade de [[Omsk]], en [[Siberia]], onde entrou en contacto con outros monárquicos.<ref name="RBTH"/>
 
O [[5 de febreiro]] de [[1919]], o almirante [[Aleksandr Kolchak]], comandante supremo do [[Exército Branco]], confioulle a Sokolov a [[execución da familia Romanov#Investigación de Sokolov|investigación]] da morte do tsar [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] e a súa familia en [[Ekaterimburgo]].<ref name="RBTH"/> Sokolov recolleu numerosos testemuños, identificou aos responsables da masacre e localizou o lugar ao que foron transportados os corpos e soterrados provisionalmente.<ref name="RBTH"/> Durante o transcurso da investigación coñeceu a que sería a súa muller.
 
No verán de 1919, devido ao avance do [[Exército Vermello]] que ameazaba con recuperar Ekaterimburgo, Sokolov tivo que poñer fin a súa investigación e levar os seus arquivos ata o seu refuxio en Omsk. Grazas á axuda e a protección do xeral [[Francia|francés]] [[Maurice Janin|Janin]], conseguiu unirse a un grupo de refuxiados do exército branco no [[ferrocarril transiberiano]] e fuxir ata [[Pequín]]. Finalmente conseguiu chegar ata [[Francia]] onde se instalou en [[Sologne]], en [[Salbris]], no [[Loir-et-Cher]], onde o príncipe Orlov, que foi o seu protector, posuía un castelo.
 
Sokolov morreu aos 42 anos por mor dun infarto.<ref name="RBTH"/> Deixou unha viúva de 23 anos e dous fillos pequenos, Nathalie (1920-2002) e Aleksei (1920-2002).
 
== Notas ==
{{listaref}}