Epitalamio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Arranxos varios
m →‎Historia: Calímaco (poeta)
Liña 2:
 
==Historia==
Os epitalamios ou cantos nupciais estaban xa en uso entre os [[hebreos]] nos tempos do rei [[David]]. Na Grecia Clásica comezou sendo unha sinxela aclamación ao deus [[Himeneo]], cuxa palabra pasou a ser un accesorio do epitalamio, intercalando o seu nome no poema, expresando así o coro os votos a favor dos desposados. Compuxeron epitalamios [[Safo]], [[Calímaco (poeta)|Calímaco]] e [[Hesíodo]], que fixo un para a voda de [[Tetis]] e [[Peleo]].
 
O epitalamio [[Latín|latino]] iniciábase coa aclamación do deus das vodas Talasio. Mais despois dábase paso a versos fesceninos, con groserías e obscenidades, que estiveron en uso até o tempo de [[Catulo]]. Este poeta foi o primeiro dos latinos en tomar por modelo a Safo, substituíndo Talasio por Himeneo e mellorando a calidade dos epitalamios.