Pictos: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
As fontes arqueolóxicas proporciónannos evidencias da cultura material dos pictos, onde vemos unha sociedade non moi diferente nin dos seus veciños gaélicos e bretóns nin dos [[anglosaxóns]] do sur. Aínda que pode servir de moito utilizar a analoxía e o coñecemento doutras sociedades "célticas", estas esténdense por unha área moi grande, polo que basearse, por exemplo, nos [[galos]] prerromanos ou na Irlanda do século XIII como fonte para estudar a sociedade picta do século IV pode dar como resultado equivocacións ou malas interpretacións.
Como pasa coa maioría dos pobos do norte de Europa na [[Idade Antiga|Antigüidade]], os pictos eran granxeiros que vivían en comunidades pequenas: o gando bovino e os cabalos considerábanse un signo de riqueza e prestixio, tamén había gran número de ovellas e porcos. Os topónimos suxiren que a [[transhumancia]] era común entre eles. Os animais en xeral eran pequenos para os estándares posteriores, aínda que os cabalos de Gran Bretaña exportáronse a Irlanda para cruzalos cos cabalos irlandeses e aumentar a súa medida. De fontes
== Arte ==
|