Normativa oficial do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
O [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de autonomía de Galicia]] dotou aos poderes públicos galegos da competencia con respecto á lingua galega. O [[17 de novembro]] de [[1982]] a [[Xunta de Galicia]] estableceu que existiría unha norma de uso oficial{{Cómpre referencia}} para o ensino e que excluiría das axudas económicas os textos non publicados na "normativa oficial", en clara referencia ao [[reintegracionismo]].
 
Coa publicación da [[Lei de normalización lingüística]] o [[15 de xuño]] de [[1983]], estableceuse que o criterio de autoridade para a [[normativización]] do galego sería o da [[Real Academia Galega]] (RAG), relegando o [[Instituto da Lingua Galega]] (ILG), como referencia legal.<ref>Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística ([http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Ref.xral-2.pdf D.O.G. nº 84], do 14 de xullo de 1983)</ref>
 
A '''variedade estándar''' ou '''padrón''', fixada a medias entre o ILG e a RAG, inicialmente constaba só de indicacións [[Morfoloxía (lingüística)|morfolóxicas]] e [[ortografía|ortográficas]], as [[Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego]] (NOMIG), publicadas en [[1983]] e aplicadas no dicionario da [[RAG]] de [[1997]] (unhas trinta mil palabras) e reformadas en [[2003]], pero coa publicación do [[VOLG|Vocabulario ortográfico da lingua galega]] (VOLG) en [[2004]] definíronse de facto tamén coma normas [[léxico|léxicas]]. Isto non implica que o que non apareza no VOLG non sexa normativo, posto que non é amplo dabondo para recoller todo o léxico galego.